En xuño tamén saímos coa lingua de paseo. Mentres o alumnado de 2º de ESO estaba no Museo do Pobo Galego e 3º paseaba polo centro histórico de Santiago, todo 1º pasaba a mañá no castro de San Cibrán de Las. Visitamos o castro e o seu museo e fixemos actividades para entender mellor as escavacións arqueolóxicas, os habitantes dos castros e a cultura castrexa.
20 jun 2019
14 jun 2019
Mira que ben..., se falamos ben!
Amosamos aquí o folleto, un cuadríptico, que o EDLG elaborou e distribíu entre o alumnado e os outros membros da comunidade educativa sobre diferentes aspectos de corrección lingüística. Esperamos que esta pequena contribución a prol dunha lingua de calidade sexa do agrado de todas aquelas persoas que o reciban.
3 jun 2019
Concurso literario "Mes das Letras"
No noso concurso de microrrelatos "Mes das Letras" resultaron premiadas dúas rapazas: Silvia Álvarez Fontán, de 2º de ESO, e Laura Alonso Suárez, de 4º.
Queremos agradecer a todos o empeño e a participación.
Parabéns ás gañadoras!
Queremos agradecer a todos o empeño e a participación.
Parabéns ás gañadoras!
31 may 2019
As neveiras de Fixó, únicas
"As neveiras de Fixó son únicas, un patrimonio extraordinario".
Isto foi algo que recalcou o relator convidado, Tito Concheiro. Este arqueólogo, que dirixiu as escavacións recentemente realizadas, estivo no Centro para explicarnos o que estas neveiras, localizadas na parroquia de Millerada, significaron na súa época. Recordounos que foron construídas no século XVII para fabricar xeo e, o máis importante, explicounos por que se construíron nese lugar, quen o fixo e como o fixeron. Expuxo polo miúdo que pertencían ao arcebispado de Santiago, que era o cabido santiagués quen recibía o xeo e controlaba a súa produción, e todo o que iso implicaba. Case un tesouro.
Podemos tamén ler información sobre as neveiras en https://www.tabeirosmontes.com/neveiras-de-fixoacute.html
23 may 2019
A festa da lingua
Todo o alumnado de ESO participou un ano máis no Correlingua. Celebrouse na Estrada o 20 de maio. Alí estaban tamén alumnas e alumnos de todos os centros do concello da Estrada e do IES Pintor Colmeiro de Silleda. Tres horas de festa para falar, cantar e bailar. E en galego, por que non?
O Chano e o cine
Esta vez, ímonos permitir unha licenza; queremos facer referencia a algo que non fixemos nós, pero que a persoa que nos dá nome, Chano Piñeiro, celebraría con gran ledicia:
O director de cine Oliver Laxe acaba de presentar no Festival de Cine de Cannes a película O que arde. Alí, a súa estrea foi un éxito. Esta longametraxe convértese na primeira película que se proxecta en lingua galega no prestixioso festival francés.
Gravada nos Ancares, protagonizada por unha actriz e un actor non profesionais, a medio camiño
entre a ficción e o documental, a película constitúe un achegamento ao poder hipnótico do lume e á profundidade do ser galego.
O que arde estrearase nas salas galegas a finais deste ano 2019. De momento, deixamos aquí un clip que nos permite adiviñar por que recibiu tan excelentes críticas e un enlace a unha crónica sobre ela.
2 may 2019
Coa lingua de paseo
Esta vez, estivemos por terras de Ourense, primeiro en Trasalba, e logo no conxunto histórico e artístico de Santa Mariña de Augas Santas. Tamén visitamos o cemiterio de San Francisco. Queremos recordar que neste cemiterio de Ourense descansan grandes nomes da literatura, as artes e o pensamento:
Blanco Amor, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Lamas Carvajal, Cuevillas ou Xavier Prado «Lameiro.
Eis un recordo.
15 abr 2019
O noso premio Minerva
Estamos moi moi orgullosos. O noso alumno de 1º de Bacharelato, David Obelleiro Prado, obtivo o 1º Premio, dotado con 600 €, na sección de Poesía, da 47ª edición dos Premios Literarios Minerva, convocados polo colexio Peleteiro.
Nós, que sabemos dos seus dotes para a creación literaria, queremos compartir a alegría que isto nos produce e animalo a seguir escribindo.
PARABÉNS, David!
8 mar 2019
Día de Rosalía 2019
Un ano máis, para conmemorar o Día de Rosalía fixemos unha festa. Esta vez, foi unha festa de verdade, con baile e música, tanto gravada como en directo.
Débora e Raúl deleitáronnos bailando a ritmo de merengue "Adiós ríos, adiós fontes" coa orquestra Charleston Big Band.
Rapazas e rapaces de todos os cursos recitaron poemas de Cantares gallegos ou de Follas novas que, a continuación, foron reproducidos en vídeos de cantantes ou grupos que puxeron música a poemas da autora:
Adhara and Ritman, Xardín Desordenado, Narf, O Val das Mouras, Uxía, Aid, Najla Shami, Cristina Pato e Rosa Cedrón, Quempallou, Mínima Son, Radio Cos, Carlos Núñez, Poetarras, Abe Rábade e Guadi Galego, Astarot... E tantos outros que volven a súa ollada musical cara a Rosalía.
Feliz Día de Rosalía!
O profesor Anxo cantou "Negra sombra" e, acompañado dun dos músicos do grupo Nao, interpretou "A xustiza pola man". Grazas por permitirnos desfrutar!
7 feb 2019
Cal ti es, así me dis
Cal ti es, así me dis. Idiosincrasia e universalidade na fraseoloxía galega foi a charla impartida por Maruxa Álvarez este día 5 de febreiro no noso Centro. Agradecemos á relatora o seu bo facer e á USC a súa colaboración.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















