"As neveiras de Fixó son únicas, un patrimonio extraordinario".
Isto foi algo que recalcou o relator convidado, Tito Concheiro. Este arqueólogo, que dirixiu as escavacións recentemente realizadas, estivo no Centro para explicarnos o que estas neveiras, localizadas na parroquia de Millerada, significaron na súa época. Recordounos que foron construídas no século XVII para fabricar xeo e, o máis importante, explicounos por que se construíron nese lugar, quen o fixo e como o fixeron. Expuxo polo miúdo que pertencían ao arcebispado de Santiago, que era o cabido santiagués quen recibía o xeo e controlaba a súa produción, e todo o que iso implicaba. Case un tesouro.
Podemos tamén ler información sobre as neveiras en https://www.tabeirosmontes.com/neveiras-de-fixoacute.html