23 jun 2024

Tras dos pasos de Rosalía de Castro por Padrón (5 xuño de 2024)

 

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Visita a Padrón do alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato para visitar a casa de Rosalía e aprender máis sobre a nosa escritora máis senlleira.




21 jun 2024

Excursión ás Illas Cíes (21 de xuño de 2024)

 

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Remata o curso e o alumnado de 1º e 3º da ESO acudiu neste último día de aulas ás Illas Cíes. Que mellor maneira de acabar o curso que coñecendo este fermoso parque natural do noso país!




Actividade formativa e de ocio en San Xurxo de Sacos (21 de xuño de 2024)

 

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

O curso chega á súa fin e o alumnado de 2º da ESO asistiu neste último día de aulas a San Xurxo de Sacos para asistir a unha actividade formativa e de ocio.




O grupo de teatro do Chano no auditorio de Cerdedo (17 de xuño de 2024)

 

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Por segundo ano, o grupo de teatro do alumanado de 1º da ESO do noso instituto remata o curso mostrando o traballo realizado durante todos estes meses. Se polo mañá foron o resto de compañeirxs do instituto os que puideron gozar desta obra, pola tarde foi toda a veciñanza do Concello de Cerdedo-Cotobade a que puido asistir á representación da obra "Restaurante Carmiña", que tivo lugar no centro cultural de Cerdedo.




 

Grupo de teatro do Chano: "Restaurante Carmiña" (17 de xuño de 2024)

 

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Por segundo ano, o grupo de teatro do noso instituto remata o curso mostrando o traballo realizado durante todos estes meses. Este ano a obra representada leva por título "Restaurante Carmiña" e todo o alumnado da ESO puido gozar desta magnífica representación levada a cabo polo alumnado de teatro de 1º da ESO. Tamén o alumnado de primaria do CEIP As Dores de Forcarei puido asistir a unha representación desta peza teatral.






Letras galegas 2024: Luisa Villalta (Maio de 2024)

 

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Luisa Villalta e no noso instituto celebrámolo estudando a súa obra e cunha exposición que estará exposta o que resta de curso.




Calendario do Chano Piñeiro (Decembro 2023)

 

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Un ano máis, como xa é tradición, editamos un calendario que repartimos entre toda a comunidade educativa. 

Continuando ca tarefa de investigación que desenvolvemos no centro sobre a riqueza cultural e paisaxística da Terra de Montes, este ano os calendarios que se ofertan á comunidade educativa como modo de dar a coñecer esta riqueza tratan sobre as moitas augas que corren pola comarca de Terra de Montes, en forma de arroios, regatos, regueiros, regueiriños, regos e reguiños, que se unen formando cinco importantes ríos. Catro deles nacen en Terra de Montes: o Lérez, o Umia, o Verdugo e o Deza. O Avia nace máis ao sur, pero parte das súas augas proceden da nosa comarca. No calendario, ademais das fotografías, inclúense diversas descricións e informacións.

 


 



 



 

 

Obradoiro igualdade (25 de novembro 2023)

 

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

En colaboración co Concello de Forcarei, o alumnado da ESO asistiu a un obradoiro de igualdade para tentar desmontar certos estereotipos e fomentar as relacións igualitarias entre homes e mulleres.



13 jun 2024

Obradoiro "Emocións en perigo" (29 de maio de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

En colaboración co equipo da biblioteca, o alumnado do Chano Piñeiro participou nun obradoiro que se desenvolveu na Fundación Abanca en Santiago de Compostela. Reflexionamos sobre sentimentos e identidade a partir da exposición de fotografía de Fuco Reyes, O espello de Claude.





Roteiro pola contorna co alumnado do IES Blanco Amor (28 de maio de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Recibimos  a visita do alumnado do IES Blanco Amor de Ourense, que xunto co noso alumnado de 3º e 4º da ESO, realizaron un percorrido a pé polo patrimonio de Forcarei: Pontes Gomaíl, Batán, Maril, do Crego, Antón...Castro Loureiro, Mosteiro de Aciveiro (conferencia do profesor Manuel Boullosa sobre esta xoia da nosa comarca) e Neveiras de Fixó.





21 may 2024

Recomendación literarias

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Un ano máis, no taboleiro do EDLG ofrecemos diversas recomendacións literarias.



Roteiro Castelao (26 de abril de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Un ano máis, o alumnado de 4º da ESO do centro realizou unha visita guiada á Pontevedra de Castelao.



Roteiro cultural por Ourense (24 de abril de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

O alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato realizou un roteiro cultural por Ourense. Visitamos entre outros lugares a Casa Museo Ramón Otero Pedrayo e a Fundación Vicente Risco. O noso alumnado levaba preparados varios poemas que recitaron durante a visita.





Proxección da película "As Neves" (16 de maio de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

O alumnado de 2º da ESO acudiu á proxección no cine da Estrada da película "As Neves", rodada en galego. Contribuímos deste xeito á promoción e difusión do cine na nosa lingua.










Visita a Sogama e obradoiro sobre reciclaxe (15 de maio de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

O xoves 15 de maio, alumnado de 1ºESO e 2ºESO desprazouse ata as instalacións de SOGAMA, no concello de Cerceda, para saber que pasa co lixo que producimos no 94% dos concellos de Galicia, incluído o concello de Forcarei e o de Cerdedo-Cotobade, despois de que o depositemos nos contedores do lixo.


Ao complexo de SOGAMA chegan os residuos que botamos nos contedores amarelo (envases lixeiros, latas e briks), verde ou gris (fracción resto) e agora tamén do novo colector marrón (materia orgánica). Explicáronnos que é o que se fai en SOGAMA, dende que chega o lixo (en tren ou en camión) ata que se envía ás empresas que o reciclan (no caso dos envases lixeiros, latas e briks), ou se fai compost (coa materia orgánica) ou se queima (no caso dos materiais que non se reciclan). Tamén fixemos un xogo para comprobar se sabemos depositar correctamente o lixo nos colectores correspondentes e visualizamos un vídeo inmersivo das instalacións 360º a través de lentes de realidade virtual.

Por último, fixemos un recorrido en bus polas instalacións durante o cal vimos cos nosos propios ollos as enormes moreas de lixo que alí hai (e que é xerado por todos nós), o vertedoiro onde se amorean as cinsas que se producen ao queimar o lixo, os envases do colector amarelo xa clasificados e empacados para mandar a reciclar, etc. E fomos conscientes do necesario que é que reduzamos a cantidade de lixo que producimos, facendo un consumo responsable, e do importante que é os residuos que xeramos os depositemos correctamente no contedor axeitado para facilitar así a súa reciclaxe.






Obradoiro ciberseguridade (2 de maio de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Obradoiro e charla informativa para o alumnado de 2° e 3° ESO sobre ciberseguridade e uso das redes sociais.




Innovart (25 de abril de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

O noso alumnado de 3°ESO e 1°BACH visitou na Cidade da Cultura Innovart 24, unha mostra das ensinanzas de réxime especial: artes, idiomas e deportes.





Obradoiro de ilustración (16 de abril de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

O venres día 5 de abril, o alumnado de 3°e 4° ESO recibiu un obradoiro de ilustración impartido polo artista Tomás Guerrero.




Batucada no Chano (3 de marzo de 2024)

 

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Aulas de batucada para o estudantado de 2º da ESO no IES Chano Piñeiro.





Xogo de fuga (19 de febreiro de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

O luns 19 de febreiro os grupos de 1° e 2° da ESO do IES Chano Piñeiro participaron nunhas xornadas  da man da ACPP, organizadas coa colaboración do EDLG, onde traballaron a realidade dos desprazamentos forzados mediante un xogo de fuga.





23 feb 2024

Día de Rosalía (23 de febreiro de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Un ano máis, como cada 23 de febreiro, celebramos o día de Rosalía. Desta vez, ademais de conmemorar este día no propio instituto, tamén quixemos levar a Rosalía ás rúas de Forcarei. Un grupo de alumnxs acompañados de varios profesores percorreron varios establecementos da vila explicando que se celebraba neste día e recitando poemas da autora, así como colgando o póster gañador do concurso. Antes disto, tamén se foi polas aulas do centro para levar a cabo un pequeno recital con versos da autora.

Completouse a xornada cunha exposición cos poemas escollidos polo alumnado e que quedarán expostos durante varias semanas.