26 oct 2009

UF: do relato de Séchu Sende ao cómic

Aproveitando que a finais do pasado curso nos veu visitar Séchu Sende (grazas Séchu), intentamos reflexar un relato seu, Uf, nunha tira cómica usando outro recurso da web2.0, neste caso, strigenerator. O resultado foi o seguinte. A ver que vos parece. Que relatos credes que serían facilmente convertibles en tiras cómicas?

Agora tedes que clicar aquí para vela.

23 oct 2009

Facendo cómics on line

A web2.0 ofrécenos moitas posibilidades, entre elas, a de elaborar cómics ou viñetas con line. Durante un recreo estivemos ensaiando con www.toondoo.com e hoxe deixámosvos unha pequena mostra. Outro día achegaremos outras viñetas máis realizadas con outros programas. A ver que vos parece. Esta tira foi realizada por Martín D. de 2ºESO



21 oct 2009

Cantar mola, en galego MÁIS (II)

Nestes momentos, creo que todas e todos necesitamos botar un sorriso liberador. E como nos gusta a retranca, a ironía, o humor e cantar aquí vos deixamos unha peza máis para esta especie de karaoke que, aos poucos, imos construíndo. E neste caso podedes ademais ensaiar a coreografía. Iso si, con tino. Como vedes o dúo Beyoncé-Ana Kiro? E non esquezades, quen canta os males espanta.
Nota: para que saian os subtítulos na pestana do vídeo onde pon "Choose Language" colledes a opción Galician
Pedimos suxerencias: A quen vos gustaría adicar este vídeo?

19 oct 2009

Comedia bífida

O pasado xoves 15 de marzo o alumnado de Bacharelato deste centro tivo a oportunidade de asisitir á posta en escea da "polémica" obra de teatro Comedia bífida de M. Nuñez Singala. A representación tivo lugar en A Estrada no Salón Teatro onde ademais estaba o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces e o Losada Diéguez e García Barros de A Estrada. Moita xente, entón, para ver unha obra divertida que afonda, con ironía e humor, nos múltiples prexuízos que rodean a nosa lingua.




16 oct 2009

Cantar mola, en galego MÁIS

Aproveitando as ferramentas da web2.0, subtitulamos esta canción de Mercedes Peón -que nos visitou en xuño do curso pasado. E dende Forcarei enviamos tamén un saúdo para alá. Un saúdo para os que vaian a Compostela o domingo 18 de outubro. Un saúdo para os que aínda falan esta lingua ferida. Un saúdo para os que aman. Un saúdo para os que a falarán. E a cantar. Quen canta os males espanta.
Nota: para que saian os subtítulos na pestana do vídeo onde pon "Choose Language" colledes a opción Galician


E para quen prefira o hip hop, unha mostra de Dios que te crew

14 oct 2009

Francisco Rodríguez, connosco

Este martes 13 de novembro estivo co alumnado de Bacharelato e 4º ESO o ex-deputado e profesor Francisco Rodríguez para falarnos da situación actual da lingua. Falounos das distintas actitudes que se podía ter cara a nosa lingua, dos intereses de moitos medios de comunicación e de grupos de poder en transmitir a falacia da imposición lingüística e de como, na actualiadade, ser galegofalante xa supón máis unha actitude de lealdade ideolóxica que de lealdade natural, que sería o desexable.
Agora ben, La Voz de Galicia, na súa edición de Deza fíxose eco da noticia. En castelán.

Aid e b-boy Rubén no comezo de curso


O pasado curso rematámolo coa actuación sorprendente e marabillosa de Mercedes Peón. Este ano comezamos tamén de xeito musical e con baile. O día 25 de setembro estiveron connosco a rapeira viguesa Aíd que viña acompañada por un b-boy. Gran espectáculo tamén. Mágoa que polo de agora Aid tan só teña dúas cancións en galego no seu disco mais prometeunos máis pois o hip hop de calidade e na nosa lingua tamén é posible.
Un pequeno erro técnico impide que escoitedes as cancións que Aíd cantou no IES Chano Piñeiro pero podédela escoitar aquí