8 mar 2019

Día de Rosalía 2019

Un ano máis, para conmemorar o Día de Rosalía fixemos unha festa. Esta vez, foi unha festa de verdade, con baile e  música, tanto gravada como  en directo. 
Débora e Raúl deleitáronnos bailando a ritmo de merengue  "Adiós ríos, adiós fontes" coa orquestra Charleston Big Band.
Rapazas e rapaces de todos os cursos recitaron poemas de Cantares gallegos ou de Follas novas que, a continuación, foron reproducidos en vídeos de cantantes ou grupos  que puxeron  música a poemas da autora: 
Adhara and Ritman, Xardín Desordenado, Narf, O Val das Mouras, Uxía, Aid, Najla Shami, Cristina Pato e Rosa Cedrón, Quempallou, Mínima Son, Radio Cos, Carlos Núñez, Poetarras, Abe Rábade e Guadi Galego, Astarot... E tantos outros que volven a súa ollada musical cara a Rosalía.

                                            Feliz Día de Rosalía!









O profesor Anxo cantou "Negra sombra" e, acompañado dun dos  músicos do grupo Nao, interpretou "A xustiza pola man". Grazas por permitirnos desfrutar!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.