Grazas especialmente a Susana, Andrea, Stefi, Katia e Dani de 4º Diver e a Zeus, Santi e Alex de 2º de Bacharelato, por colaborar na gravación deste vídeo e deixar a súa pegada nel.
25 nov 2012
25 N: Non á violencia contra as mulleres
Un ano máis, desde Trafegando Ronseis, chega o seu pequeno gran de area para lograr que nunca máis se teña que conmemorar este día.
Grazas especialmente a Susana, Andrea, Stefi, Katia e Dani de 4º Diver e a Zeus, Santi e Alex de 2º de Bacharelato, por colaborar na gravación deste vídeo e deixar a súa pegada nel.
Grazas especialmente a Susana, Andrea, Stefi, Katia e Dani de 4º Diver e a Zeus, Santi e Alex de 2º de Bacharelato, por colaborar na gravación deste vídeo e deixar a súa pegada nel.
22 nov 2012
Portobello, porque me peta!
Curiosa e marabillosa iniciativa da Área de Galego do Instituto Cañada Blanch de Londres para render homenaxe ao poeta de Celanova Celso Emilio Ferreiro co gallo da celebración dos 100 anos do seu nacemento. Tras traballar na aula o poema "Deitado fronte ao mar", saíron á rúa (ao mercado de Portobello) e, trípticos en man, conseguiron que varios ingleses leran o poema tanto en galego coma en inglés. Paga a pena botarlle un ollo á curtametraxe.
Parabéns a Xaime a aos seus rapaces e rapazas polo seu traballo!Vía: Fala Londres
19 nov 2012
Chascarraschás!
Un amigo envioume este vídeo ao meu teléfono móbil hai uns días vía Whatsapp. Entre que non estou moi posto nesta aplicación e, sinceramente, pensei que era un destes virus cibernéticos que pululan pola rede, ignorei o asunto. Hoxe a mediodía o meu pequeno de 4 anos colleume o teléfono (case o manexa mellor ca min) e, involuntariamente (?), descargou o arquivo. Cal foi a miña sorpresa ao descubrir do que se trataba. Un vídeo do que, sen dúbida, foi un dos grandes normalizadores que habitou na TVG e que fixo as delicias de moitos rapaces e rapazas empregando a nosa lingua. (Sería esa a razón da súa desaparición das pantallas?)
Ben seguro que vos sacará un sorriso...Investigando, investigando.. descubrín que a orixe do vídeo está no CEIP Sequelo de Marín alá por novembro do ano pasado. Parabéns para eles!
15 nov 2012
Visita aos Museos das Ciencias
O pasado martes 13 - seino pero non lle tememos á mala sorte, somos asi de ousados - o alumnado de 1º e 2º da Bacharelato e o alumnado de 4º ESO da rama de Ciencias tiveron unha cita nos museos dedicados á ciencia da Coruña. Foi un día de idas e voltas case contrarreloxo no que visitamos o Domus, o MUNCYT (Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía) e a Casa das Ciencias completando un ciclo científico do máis interesante. O cine 3D, o planetario, adentrarnos no Boing 747, a ciencia interactiva, a exposición de máquinas de escribir e de calculadoras (algunha incluso idéntica ás da nosa humilde exposición), o péndulo de Foucault, a parolada con Pepe Xan e Marilú... difícil escoller unha actividade entre todo o vivido nesas 12 horas. Un gran final para estes días dedicados á Ciencia e á Tecnoloxía.
13 nov 2012
III Día da Ciencia en galego (e 3)
Hoxe fai exactamente unha semana da data na que todo o alumnado do IES Chano Piñeiro participou no Día da Ciencia e da Tecnoloxía en galego coa súa presenza nos diferentes obradoiros e actividades preparadas para a ocasión. O seguinte vídeo é un breve resumo de todo o que puidemos ver (e aprender) nese día:
Desde aquí, só nos queda agradecerlle a tod@s os monitores e a todos os Departamentos participantes a súa colaboración e implicación!
11 nov 2012
Visita á TVG
O pasado xoves día 9, o departamento de música organizou unha saída ás instalacións Televisión de Galicia que, como ben sabedes, é a única canle de televisión cuxa programación emítese integramente (ou case...) en galego. Realmente, é un pequeno oasis dentro dos medios de comunicación en galego, tras a desaparición dos quioscos do Xornal de Galicia (último medio da prensa escrita feito en galego) ou o peche das versións dixitais do propio Xornal, A Nosa Terra ou Vieiros.
Por fortuna, grazas a aparición dos diarios dixitais Praza Pública ou Sermos Galiza a principios de ano e o mantemento do "veterano" Galicia Hoxe podemos seguir disfrutando de prensa dixital de galego, a pesar de todas as trabas e dificultades...
Por fortuna, grazas a aparición dos diarios dixitais Praza Pública ou Sermos Galiza a principios de ano e o mantemento do "veterano" Galicia Hoxe podemos seguir disfrutando de prensa dixital de galego, a pesar de todas as trabas e dificultades...
Precisamente polo feito de visitar un dos poucos medios de comunicación onde a nosa lingua é preponderante, pedimoslle a Isa, profe de Música do instituto, que nos fixera un breve resumo do que foi a visita:
"O xoves 8 de novembro o alumnado do IES Chano Piñeiro -3º de ESO ao completo e os alumnos e alumnas de música de 4º de ESO e 1º de BAC- desprazámonos a San Marcos en Santiago para visitar as instalacións da CRTVG. O motivo? Poder observar a realidade dunha televisión en directo e relacionala cos aspectos teóricos e técnicos que aprendemos na materia de música en 4º de ESO relacionados coa música e medios de comunicación.
Elena, relacións públicas da TVG fíxonos un percorrido guiado polas instalacións dos tres edificios que conforman esta entidade, explicando os lugares, os servizos, os traballos e as peculiaridades de traballar nun medio de comunicación como a Televisión de Galicia: desde o decorado dos platós ata a maxia do croma e a tecnoloxía, desde as caras máis coñecidas ata os case mil traballadores que forman parte desta familia audiovisual, desde a inmediatez do directo ata a perfección da gravación.Interesante visita que contou cun saboroso final cando Xosé Ramón Gayoso achegouse a saudarnos e a contarnos algunha experiencia sobre os 20 anos en antena do Luar, o programa máis lonxevo da TVG. Moitísimas grazas aos dous!"
Grazas Isa, pola túa colaboración!
7 nov 2012
Calculadoras...
A principal actividade levada no centro en torno á figura de Ramón Verea, inventor homenaxeado no Día da Ciencia e da Tecnoloxía en galego, é unha pequena e modesta exposición destes aparellos de cálculo. A carón das calculadoras gráficas e científicas que todos estamos acostumados a ver, aparecen pequenas xoias; aparellos que contan con máis de medio século de historia e que están a despertar a curiosidade entre o alumnado: unha Original Odhner dos anos 20, unha Hamman Manus de finais dos anos 30 ou dúas Olivetti de principios dos anos 60. Tod@s se preguntan como podían levar eses aparellos á escola...
Acompañando a esta exposición dispoñemos duns paneis onde, dunha maneira resumida, se explica a evolución e historia das calculadoras desde o ábaco ata as máis desenvolvidas calculadoras gráficas da actualidade.
Acompañando a esta exposición dispoñemos duns paneis onde, dunha maneira resumida, se explica a evolución e historia das calculadoras desde o ábaco ata as máis desenvolvidas calculadoras gráficas da actualidade.
6 nov 2012
As "nosas" máquinas de Leonardo
Entre as actividades relacionadas co III Día da Ciencia en galego, o Departamento de Tecnoloxía encargouse de preparar as relacionadas con Leonardo da Vinci. Así, presentou as maquetas construídas no taller en anos anteriores, fancedo os arranxos precisos e acoplando as noras para auga aos proxectos das máquinas de Leonardo I e II.
Velaquí podedes ver as maquetas en acción:
5 nov 2012
III Dia da Ciencia en Galego (2)
Mañá, martes 6 de novembro, comezaremos coas actividades que temos preparadas co gallo da Semana da Ciencia. Igual que no curso pasado, presentaremos dous carteis conmemorativos dedicados aos dous persoeiros aos que se lle adica este ano o Día da Ciencia en galego: Leonardo da Vinci e Ramón Verea. Precisamente, e en homenaxe ao inventor estradense da primeira calculadora que permitía facer multiplicacións, teredes a oportunidade de disfrutar dunha pequena exposición na que se analiza a historia da calculadora e poderedes ver unha mostra destes aparellos na que apreciaredes a súa evolución ao longo dos últimos 60 anos.
Ademais, levaranse a cabo cinco obradoiros dirixidos por varios alumnos e alumnas que se prestaron voluntari@s para facer de monitores e que vos achegarán diferentes curiosidades relacionados co mundo da ciencia. Por suposto, tod@s estades convidad@s!!
Os obradoiros, organizados polo departamentos de Bioloxía, Física e Química, Tecnoloxía, Música e Matemáticas, en colaboración co ENDL serán:
- LEONARDO E A TECNOLOXÍA (Dpto. Tecnoloxía) Presentaranse unha serie de actividades en torno á figura de Leonardo da Vinci
- enCANTAdores (Dpto. Música) Explicarase a relación existente entre a música e a matemática
- MICROSCOPIO. CONSTRÚE O TEU CROMOSOMA (Dpto. Bioloxía) Diversas actividades preparadas polo departamento de bioloxía nas que o microscopio será parte importante
- MATEMAXIA (Dpto. Matemáticas) Maxia e matemáticas contrúen un universo de ilusión onde só os números teñen a resposta.
- XOGANDO COA QUÍMICA (Dpto Física e Química) Diversos experimentos para aprender máis sobre os fenómenos que nos rodean
SEGUIREMOS INFORMANDO!
4 nov 2012
Ollos de aula nº 2
Xa tedes á vosa disposición o segundo número da revista editada pola Coordinadora Galega de ENDL. Podes atopala no noso taboleiro ou, directamente, botarlle un ollo aquí:
3 nov 2012
Tempo de Samaín
Animación en 2D realizada polo alumnado do Obradoiro de Plástica do IES As Barxas de Moaña.
2 nov 2012
Ramón Verea, inventor
Unha das figuras á que se lle rinde homenaxe co gallo do III Día da Ciencia en galego é o inventor estradense Ramón Silvestre Verea (1833-1899) cuxa principal invención foi o da primeira calculadora que realizaba multiplicacións. Na seguinte presentación realizada por Lupe Barreiro e Vanesa Diz de 4º ESO poderedes saber máis deste persoeiro:
Biografía completa de Ramón Verea escrita por Olimpio Arca
E desde a Marela Tarabela descúbrennos este pequeno fragmento do programa Tres14 de TVE na que se fai mención ao inventor galego.
E desde a Marela Tarabela descúbrennos este pequeno fragmento do programa Tres14 de TVE na que se fai mención ao inventor galego.
tres14 - La primera calculadora que multiplicaba
E moi pronto descubriredes algo máis sobre as calculadoras e a súa historia...permanecede atentos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)