23 may 2019

O Chano e o cine

Esta vez, ímonos  permitir unha licenza; queremos facer referencia a algo que non fixemos nós, pero que a persoa que nos dá nome, Chano Piñeiro, celebraría con gran ledicia:  

O director de  cine Oliver Laxe acaba de presentar no Festival de Cine de Cannes a película O que arde. Alí, a súa estrea foi un éxito. Esta longametraxe convértese na primeira película que se proxecta en lingua galega no prestixioso festival francés.
Gravada nos Ancares, protagonizada por unha actriz e un actor non profesionais,  a medio camiño entre a ficción e o documental, a película constitúe un achegamento ao poder hipnótico do lume e á profundidade do ser galego.

O que arde estrearase nas salas galegas a finais deste ano 2019. De momento, deixamos aquí un clip que nos permite adiviñar por que recibiu tan excelentes críticas e un enlace a unha crónica sobre ela.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.