Un ano máis, mañá luns día 12 todo o alumnado da ESO achegarase á Estrada para formar parte do Correlingua 2014.
Baixo o lema de
Galego, o paso adiante, centenares de xóvenes galegos unirán as súas forzas en prol da defensa da nosa lingua e disfrutarán dunha xornada festiva que virá acompañada pola música do grupo Quempallou.
Deixámosvos oa manifesto que alí se lerá, elaborado polo alumnado de 3º ESO do IES Isaac Días Pardo de Sada.
Vémonos no Correlingua!
GALEGO,
O PASO ADIANTE
E
nunca máis un paso atrás, NUNCA MÁIS!!!!
Trazamos un camiño
que
arranca esta mañá co Cola-Cao e os cereais.
Bos
días en galego, por que non?
Espreguízome
con Doraemon, que saca do seu peto máxico o Xabarín Club.
Baixo
os chanzos da escaleira, saio da casa co pé dereito, coa mochila e co noso
galego.
E xa
estou no mundo, no meu mundo, no teu mundo galego!!
GALEGO, O PASO ADIANTE
Miraremos
atrás só para disfrutar do moito que avanzamos.
Os meus amigos espéranme na rúa,
- EH!
Viches que cambiei o meu perfil?
Si,
eu dei o paso adiante co galego.
A que
esperas ti?
-
Quen nos ía dicir que estaría ben whassapear en galego!. Non si?
-
Abofé que si.
GALEGO,
O PASO ADIANTE
-
Pincha hoxe mesmo no “hashtags”do teu Twitter: #GALEGO
e
verás cantos estamos conectados no mundo.
GALEGO, O PASO ADIANTE
Esta
nosa Penélope que tece e tece no galego
e
NUNCA DESTECE.
Paso
a paso construímos un mundo novo, o noso mundo, o noso mundo futuro, co noso
idioma galego. Somos NÓS os que decidimos onde empregalo, alí onde
vaiamos: no instituto, na vila ou na cidade, tanto ten: virá con NÓS.
GALEGO,
O PASO ADIANTE
Este
fío invisible e forte que é a lingua vén ao noso carón alá onde vaiamos;
ensinémoslla ao mundo en twiter, en facebook...
poñamos
o xermolo en cada faro,en cada deserto,en cada estrada,en cada boca que
desperta ao mundo.
GALEGO,
O PASO ADIANTE
o
paso que damos nós cara ao futuro,
nós,
si
nós
decidimos empregar a nosa lingua.
GALEGO, O PASO ADIANTE
Nos
camiños do mundo enteiro, haberá un corazón galego que latexará co noso acento:
sen pudor, sen vergoña , sen prexuízos que abafen a nosa valentía e a nosa
responsabilidade de representar a Galicia.
Porque nos une, porque nos fai máis fortes e porque nos
identifica na “tea dos teus soños” DÍAZ CASTRO.