Esta mañá vivimos a nosa particular homenaxe a Rosalía. Un acto no que participaron, dunha forma directa ou indirecta, máis de 80 mozos e mozas e que serviu para achegarnos un pouco máis á figura máis importante das nosas letras.
A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas,
sentindo cómo loitan
en sin igual batalla
inmortales deseios que atormentan
e rencores que matan,
mollo na propia sangre a dura pruma
rompendo a vena hinchada,
i escribo..., escribo..., ¿para qué? ¡Volvede
ó máis fondo da ialma,
tempestosas imaxes!
¡Ide a morar cas mortas relembranzas!
¡Que a man tembrosa no papel só escriba
palabras, e palabras, e palabras!
Da idea a forma inmaculada e pura
¿dónde quedóu velada?
A continuación, chegou o momento da entrevista que lle fixemos a nosa particular Rosalía. Así, mentras a autora nos falaba da súa obra, das súas inquedanzas e da súa vida, asistimos ao recitado dalgúns dos seus poemas. Velaquí vos deixamos a viaxe no tempo que fixo Lino, un dos reporteiros de Telediver, para levar a cabo entrevista:
Para rematar, proxectamos o vídeo que vos mostramos a continuación no que, verso a verso, frase a frase, palabra a palabra, recitamos "A Xustiza pola man".
Por suposto, nos próximos días agardamos poder mostrarvos en imaxes todo o que esta mañá vivimos.