Ademais, aproveitouse o acto para rendir homenaxe aos catro alumnos de bacharelato que foron premiados no concurso de Igaciencia.
22 dic 2014
Peor imposible...con Peter Punk
Despedimos o 1º trimestre coa actuación dun dos pallasos máis coñecidos (e recoñecidos) do país: Peter Punk. O artista achegounos o seu espectáculo Peor Imposible co que conseguiu sacarnos máis dun sorriso co seu humor e artes circenses. Iso sí, máis dun e dunha levou, como agasallo prenavideño, unha pequena molladura.
Ademais, aproveitouse o acto para rendir homenaxe aos catro alumnos de bacharelato que foron premiados no concurso de Igaciencia.
Ademais, aproveitouse o acto para rendir homenaxe aos catro alumnos de bacharelato que foron premiados no concurso de Igaciencia.
18 dic 2014
Coñecérmonos o noso: Aciveiro e o Candán
A menos de unha ducia de quilómetros
do Instituto temos un patrimonio excepcional, tanto no
arquitectónico como no natural. O mosteiro de Aciveiro e a
serra do Candán son dous lugares que teñen moito que
dicir sobre a nosa historia, e sobre a beleza da nosa paisaxe.
Por iso o alumnado de PDC do IES fixo o pasado 24 de novembro unha visita a estes lugares para aproveitar o preto que
estamos destes espazos privilexiados para poder poñer rostro e
nome a moitos dos conceptos que estamos a estudar en historia,
xeografía, arte, etc.... Así, no mosteiro puidemos
apreciar diferentes estilos arquitectónicos que foron
sedimentando a través do tempo, en diferentes estratos, o que
hoxe podemos contemplar. O senlleiro románico da igrexa é
alterado por elementos góticos (a porta da sacristía)
ou barrocos (retablo) e mesmo neoclásicos como a fonte do
claustro.
A sociedade daquela época
amosouse aos nosos ollos filtrándose baixo as restauracións
que sufriu o mosteiro. O feudalismo, as rendas dos mosteiros, as
actividades autárquicas e mesmo cara o mercado como é o
caso da venda de neve, o esplendor da Galiza do século XII e
XIII, a decadencia dos séculos posteriores. Mesmo atopamos ao
mestre da escolástica, Tomé de Aquino, un dos filósofos
máis relevantes da historia, presidindo o retablo.
Hai dous sepulcros na nave da igrexa.
Un nobre que dá conta do xeito de comprar o ceo que tiña
esta clase social, e outro atribuído ao abade Gonzalo das
Penas. Este debeu ser un bo gobernante do mosteiro que mesmo foi
canonizado como santo. Entre as súas obras puidemos apreciar a
fermosa ponte de Andón, enclavada nun entorno recollido e
poboado de árbores senlleiras, que fan esta unha das máis
apreciadas das moitas que ten o río Lerez até a súa
chegada a Pontevedra.
Logo de visitar as pontes colleumos
rumbo cara o cumio do Candán. Íamos a busca das
neveiras. Unha produción característica desta zona, a
neve, que tantos beneficios deu noutros tempos. Non foi doado, máis
ao fin atopamos estes recintos empedrados nos que se ía
recollendo a neve até que ben prensada, convertida en xeo, era
exportada ás cidades galegas e mesmo as doutros lugares da
península.
Foi unha xornada breve pero intensa de coñecer máis do que temos no Concello no que está encravado o noso IES. Ás veces non hai que ir moi lonxe para atopar grandes monumentos nin paraxes fermosos. Cómpre abrir os ollos ao noso entorno e valorar o que posuímos.
13 dic 2014
Premiados por IGACIENCIA!
A Comunidade educativa do Chano Piñeiro está de noraboa xa que dous grupos de alumnos e alumnas do noso instituto conseguiron o segundo premio nos dous concursos convocados por IGACIENCIA co gallo da celebración do Día da Ciencia en Galego 2014. Por este motivo, onte acudiron á Coruña a recoller os seus galardóns e presentar os seus traballos.
No concurso Inventa en Galego, os alumnos de 1º de Bacharelato Gabriel Otero, Gabriel Sieiro, Claudio Troitiño e Daniel Varela foron premiados polas súas aplicacións para móbil RuralApp e ForcareiTour coas que podemos buscar información, respectivamente, sobre as casas de turismo rural de Forcarei e sobre lugares de interese turístico da comarca.
@s alumn@s premiad@s co seu profesor Manuel Andújar Imaxe: Faro de vigo |
Por outra banda, no concurso Sensores para todos os alumknos e alumnas de 4º PDC foron premiados polo seu traballo de medición do tempo de reacción simple ante estímulos visuais e sonoros e que xa nos presentaran no Día da Ciencia en Galego que celebramos no instituto o 4 de novembro.
Seguiremos informando...
10 dic 2014
2 dic 2014
Exposición fotográfica: A horta e o xardín do IES
Tamara , autora das fotografías |
Durante as últimas semanas tivemos a oportunidade de disfrutar no noso centro dunha exposición formada por unha serie de fotografías realizadas pola alumna de 4º ESO, Tamara Álvarez no curso pasado sobre a Horta e o xardín do instituto.
As imaxes da mostra foron utilizadas na elaboración do herbolario do IES e na elaboración da memoria do traballo presentado ao I Premio Nacional de Huertos escolares ecológicos de España.
Vista Panorámica da Exposición |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)