21 may 2024

Recomendación literarias

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Un ano máis, no taboleiro do EDLG ofrecemos diversas recomendacións literarias.



Roteiro Castelao (26 de abril de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Un ano máis, o alumnado de 4º da ESO do centro realizou unha visita guiada á Pontevedra de Castelao.



Roteiro cultural por Ourense (24 de abril de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

O alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato realizou un roteiro cultural por Ourense. Visitamos entre outros lugares a Casa Museo Ramón Otero Pedrayo e a Fundación Vicente Risco. O noso alumnado levaba preparados varios poemas que recitaron durante a visita.





Proxección da película "As Neves" (16 de maio de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

O alumnado de 2º da ESO acudiu á proxección no cine da Estrada da película "As Neves", rodada en galego. Contribuímos deste xeito á promoción e difusión do cine na nosa lingua.










Visita a Sogama e obradoiro sobre reciclaxe (15 de maio de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

O xoves 15 de maio, alumnado de 1ºESO e 2ºESO desprazouse ata as instalacións de SOGAMA, no concello de Cerceda, para saber que pasa co lixo que producimos no 94% dos concellos de Galicia, incluído o concello de Forcarei e o de Cerdedo-Cotobade, despois de que o depositemos nos contedores do lixo.


Ao complexo de SOGAMA chegan os residuos que botamos nos contedores amarelo (envases lixeiros, latas e briks), verde ou gris (fracción resto) e agora tamén do novo colector marrón (materia orgánica). Explicáronnos que é o que se fai en SOGAMA, dende que chega o lixo (en tren ou en camión) ata que se envía ás empresas que o reciclan (no caso dos envases lixeiros, latas e briks), ou se fai compost (coa materia orgánica) ou se queima (no caso dos materiais que non se reciclan). Tamén fixemos un xogo para comprobar se sabemos depositar correctamente o lixo nos colectores correspondentes e visualizamos un vídeo inmersivo das instalacións 360º a través de lentes de realidade virtual.

Por último, fixemos un recorrido en bus polas instalacións durante o cal vimos cos nosos propios ollos as enormes moreas de lixo que alí hai (e que é xerado por todos nós), o vertedoiro onde se amorean as cinsas que se producen ao queimar o lixo, os envases do colector amarelo xa clasificados e empacados para mandar a reciclar, etc. E fomos conscientes do necesario que é que reduzamos a cantidade de lixo que producimos, facendo un consumo responsable, e do importante que é os residuos que xeramos os depositemos correctamente no contedor axeitado para facilitar así a súa reciclaxe.






Obradoiro ciberseguridade (2 de maio de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Obradoiro e charla informativa para o alumnado de 2° e 3° ESO sobre ciberseguridade e uso das redes sociais.




Innovart (25 de abril de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

O noso alumnado de 3°ESO e 1°BACH visitou na Cidade da Cultura Innovart 24, unha mostra das ensinanzas de réxime especial: artes, idiomas e deportes.





Obradoiro de ilustración (16 de abril de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

O venres día 5 de abril, o alumnado de 3°e 4° ESO recibiu un obradoiro de ilustración impartido polo artista Tomás Guerrero.




Batucada no Chano (3 de marzo de 2024)

 

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Aulas de batucada para o estudantado de 2º da ESO no IES Chano Piñeiro.





Xogo de fuga (19 de febreiro de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

O luns 19 de febreiro os grupos de 1° e 2° da ESO do IES Chano Piñeiro participaron nunhas xornadas  da man da ACPP, organizadas coa colaboración do EDLG, onde traballaron a realidade dos desprazamentos forzados mediante un xogo de fuga.