Este xoves tivemos o pracer de ver representada a adaptación ao teatro da obra Contiños da terra de Manuel García Barros, da man da Escola de Artes Escénicas da Estrada. A peza emprega
a liña argumental de tres contos, "A carón da pedra", "O Ciridonio non se
engana" e "O tío Zanfona", e en palabras de Santiago Cortegoso, autor do texto, "serve para poñer en valor á narración oral
como elemento básico de relación social" .
Desfrutamos moito coa representación.20 dic 2019
18 dic 2019
Teatro..., no Chano
Este martes pola tarde estivemos no teatro. A compañía A Panadaría representou para todo o alumnado de 3º, 4º de ESO e Bacharelato, no salón de actos, a obra Elisa e Marcela. Esta representación de teatro e música, sobre a relación amorosa entre dúas mulleres de principios do século XX, recibiu grandes eloxios da crítica e importantes premios, incluído o Premio ao Mellor Espectáculo María Casares 2018.
Clica AQUÍ, para máis información
4 dic 2019
Coa lingua de paseo: "Galicia, un relato no mundo"
O alumnado de 3º, 4º de ESO e Bacharelato estivo na Cidade da Cultura para visitar a exposición Galicia, un relato no mundo. O motivo inicial da saída era poder ver o Cancioneiro da Vaticana, unha das xoias da lírica medieval galega que, por primeira vez en séculos, saíu da biblioteca que o garda, a do Vaticano. Nesta exposición hai outras destacadas pezas de alto valor para a historia e a cultura do
noso país e que se atopan en prestixiosas coleccións museísticas en
distintos recantos do mundo. Visitamos tamén a Colexiata do Sar e, pola tarde, o Museo de Historia Natural.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)