O pasado xoves día 9, o departamento de música organizou unha saída ás instalacións Televisión de Galicia que, como ben sabedes, é a única canle de televisión cuxa programación emítese integramente (
ou case...) en galego. Realmente, é un pequeno oasis dentro dos medios de comunicación en galego, tras a desaparición dos quioscos do
Xornal de Galicia (último medio da prensa escrita feito en galego) ou o peche das versións dixitais do propio
Xornal,
A Nosa Terra ou
Vieiros.
Por fortuna, grazas a aparición dos diarios dixitais
Praza Pública ou
Sermos Galiza a principios de ano e o mantemento do "veterano"
Galicia Hoxe podemos seguir disfrutando de prensa dixital de galego, a pesar de todas as trabas e dificultades...
Precisamente polo feito de visitar un dos poucos medios de comunicación onde a nosa lingua é preponderante, pedimoslle a Isa, profe de Música do instituto, que nos fixera un breve resumo do que foi a visita:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhyj85GWaeCBs7hsjbe62ujvJNcTc-Vz5CyHdh8nUnSd-NiN7NX4unHNUIvL3SwLSz5hFqMUtQhsauXoESOePCSro0D3yzgAxjZluGb6QYTLmPVtD2bz0HiTn47eTr9dOjkbWY-_-g8v-M/s320/P1120595.JPG)
"O xoves 8 de novembro o alumnado do IES Chano Piñeiro -3º de ESO ao completo e os alumnos e alumnas de música de 4º de ESO e 1º de BAC- desprazámonos a San Marcos en Santiago para visitar as instalacións da CRTVG. O motivo? Poder observar a realidade dunha televisión en directo e relacionala cos aspectos teóricos e técnicos que aprendemos na materia de música en 4º de ESO relacionados coa música e medios de comunicación.
Elena, relacións públicas da TVG fíxonos un percorrido guiado polas instalacións dos tres edificios que conforman esta entidade, explicando os lugares, os servizos, os traballos e as peculiaridades de traballar nun medio de comunicación como a Televisión de Galicia: desde o decorado dos platós ata a maxia do croma e a tecnoloxía, desde as caras máis coñecidas ata os case mil traballadores que forman parte desta familia audiovisual, desde a inmediatez do directo ata a perfección da gravación.
Interesante visita que contou cun saboroso final cando Xosé Ramón Gayoso achegouse a saudarnos e a contarnos algunha experiencia sobre os 20 anos en antena do Luar, o programa máis lonxevo da TVG. Moitísimas grazas aos dous!"
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi59klmeMfaEK_-iVt2N74WXsuhjJKzyKP6qKbE1Rpl0QGq-ZFv4_8xLcx0Uj1DW9eldyNKQxibFO_EQCFUu0qT7Y5kepNnHbm4HQo0FIYONq9JwpX19wgM6tjtuB784xP7pjGqrlXpyCs/s200/P1120603.JPG)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiCYGd8OKLSuEU7-L_HVaSjGKvYgWdDkA23SqUXCXc9KDDvA7PZeT6vl7JWbjsRnxWO24hNIDRn6v1AyOHs78z1wlLDnP2apC8IGZDVuDv70yzvk3sflDeovUVXJSI8AGDXNh9PPTV8t8c/s200/P1120630.JPG)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg9M1cwBkOsIeY3TAkR1QqAoH05KnsYTU71MqQu5v9UThe5mkEmPpYeWCu661PwLbRX7oTOUvukC8xc3Eqze_32S3K6IVHT62XXvpqS87gHKOXoQMsHLlSdd-VCgymE3he2aeAVD2EvcOA/s320/P1120614.JPG)
Grazas Isa, pola túa colaboración!