21 abr 2021

Hai vida nos libros

Este ano conmemoramos o 23 de abril, Día do Libro, en colaboración co grupo da biblioteca e o club de lectura, cunha actividade de animación á lectura. Puxemos cara a 32 clásicos da literatura universal, quixemos coñecer a persoa que está detrás e dentro deses libros, difundir a idea de que os clásicos están vivos e animar á súa lectura en galego. Sen ningunha dúbida, en galego estamos no mundo e a través da nosa lingua podemos acceder ás grandes obras da literatura universal.

23 feb 2021

Aprazamento da conmemoración do Día de Rosalía

 A causa da vacinación do profesorado que vai ter lugar o mércores, pospoñemos a conmemoración do Dia de Rosalía para o vernes ás 13:25. 

Estade pendentes da nova programación!!

Día de Rosalía

Desde aquí podedes ver en directo o noso acto de conmemoración do Día de Rosalía, "Rosalía e o mar". Mañá, mércores 24, ás 13:25

21 feb 2021

Conmemoración do Día de Rosalía

 Un ano máis, conmemoramos no noso centro o Día de Rosalía. E este ano escollemos como tema “Rosalía e o mar”.  A natureza foi moi importante na obra de Rosalía de Castro; toda a natureza de Galicia, o mar e a montaña, as veigas e os prados, as fontes e os regatos pequenos, os montes e os ríos, a vexetación e a fauna... Neste momento en que vivimos, limitados nos movementos, lembrámonos especialmente do mar, porque está lonxe de nós,  non podemos achegarnos a el e sentir a súa fermosura e a súa forza. Na obra de Rosalía o mar  foi moi importante e aparece en moitas ocasións, con distintos significados e diferentes simboloxías.  Segundo deixou escrito o seu marido, Manuel Murguía, “o mar foi, na natureza, o seu amor predilecto”.

Por iso nós nesta ocasión queremos lembrar a relación entre Rosalía e o mar e, ao mesmo tempo, facer unha homenaxe ao noso mar e á nosa paisaxe costeira, partindo dun poema de Cantares gallegos, “Nosa Señora da Barca”, en que a autora recrea o ambiente dunha das festas máis concurridas da Galicia mariñeira, a da Nosa Señora da Barca, en Muxía, partindo dunha coñecida copla popular:

“Nosa Señora da Barca

ten o tellado de pedra.

Ben o puidera ter de ouro

miña Virxe, se quixera!”