Ao longo do primeiro trimestre, as alumnas e alumnos de Bacharelato e o de 4º de ESO, en diferentes quendas,
visitamos as neveiras de Fixó, na parroquia da Millarada. Alí, os técnicos que
participan na escavación e restauración explicáronnos o que estaban
descubrindo e como facían o seu traballo. Sorprendeunos saber que desde o
século XVII se obtiña xeo, que se gardaba neses neveiros e que, despois no verán, se comerciaba con el.
21 dic 2016
20 dic 2016
Lemos no Nadal
Lemos no Nadal, ou en calquera época do ano. Velaquí unha pequena proposta para todos: para os máis novos, nais e pais e tamén para os avós e avoas.
Feliz nadal!
Feliz nadal!
14 dic 2016
Revista O Papagaio
Cada mes, e durante todo o curso, recibimos dez exemplares da revista O Papagaio. Dous números desta publicación chegarán ás familias cada semana nas "Mochilas viaxeiras".
Inclúe temas de actualidade, ecoloxía, tecnoloxía, historia, arte, banda deseñada e cultura en xeral. Está publicada por Edicións moito conto.
8 nov 2016
Recursos TIC
Aínda que esta información sobre recursos TIC xa estivo neste blog hai un tempo, volvemos a facer referencia a ela, agora actualizada. É unha presentación de Marcus Fernández (Código Cero) empregada o 15 de abril de 2016 nos XVIII Encontros para a Normalización Lingüística do Consello da Cultura Galega.
26 jun 2016
Amolegad@s: proxecto interxeracional
Durante o terceiro trimestre, o alumnado exento de francés de 2ESO e mais a residencia de maiores Virxe das Dores de Forcarei realizou un proxecto interxeracional do cal vos amosaos parte dos seus froitos:
31 may 2016
Correlingua
E un ano máis, desta adiado por mor da choiva, asistimos ao Correlingua que se celebrou na Estrada con alumnado de toda a ESO. Foi unha xornada festiva na que o pasamos moi ben e defendemos a nosa lingua.
30 may 2016
Experimentando: booktubers
Alumnado de 1ESO e de 4ESO realizaron ao longo do curso varios ensaios para ser auténticos booktubers. Probaron diversas posibilidades como os book challenges ou os book tags. Velaquí vos deixamos unha mostra dos últimos:
23 may 2016
Un día de cine: no Festival de Cans
O pasado 20 de maio pasamos unha xornada en Cans: alí coñecemos a vila, os seus lugares emblemáticos e, por suposto, as proxeccións de cine nos jalpóns. Velaquí un vídeo resumo:
13 may 2016
Dia das Letras: coa cativada e cos maiores
Outro dos actos das Letras Galegas foi a celebración no centro dun recital moi especial: por unha banda, os maiores da residencia Virxe das Dores de Forcarei cos que estivemos realizando un proxecto interxeracional no terceiro trimestre recitáronnos varios poemas de Manuel María; pola outra, a cativada do colexio cantounos varios deles. Unha mañá estupenda.
30 abr 2016
Mini e Mero: celebramos
O pasado venres 29 de abril comezamos a celebración das Letras con varios actos. En primeiro lugar, o alumnado de 4ESO presentou media ducia de videocreacións a partir de poemas de Manuel María. Logo David Otero ofreceunos unha estupenda conferencia sobre a obra e vida do poeta da Terra Chá para finalizarmos cun marabilloso concerto ofrecido polos grandes Mini e Mero.
21 abr 2016
Uxía e Narf: as baladas dunha Galiza imaxinaria
Hoxe estiveron no noso centro dous dos artistas máis importantes da música galega: Uxía e Narf. A ocasión era presentar o seu disco Baladas da Galiza imaxinaria. E todo o alumnado da ESO puido desfrutar deles. Aquí vos deixamos unha pequena entrevista que lles fixemos.
20 abr 2016
Preparando as Letras: videopoemas.
O alumnado de 4ESO preparou uns videopoemas a partir dalgúns textos de Manuel María para ir poñéndonos o mel nos beizos ante a inminente chegada do Día das Letras Galegas. Velaquí os enlaces a algúns deles:
a) Esborrallándoo todo.
b) O videopoema de Brais e María
c) O noso amor é mencer
a) Esborrallándoo todo.
b) O videopoema de Brais e María
c) O noso amor é mencer
18 mar 2016
Actividades de fin de trimestre
Hoxe 18 de marzo rematamos o trimestre cunha serie de actividades que pasamos a resumir. En primeiro lugar, o filólogo da USC Xulio Sousa presentoulle ao alumnado de Bach a conferencia "De onde veñen as palabras". De seguido a profesora da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol Ivonete da Silva ofreceunos unha panorámica do seu país baixo o título "Meu Brasil ao longe" ao alumnado da ESO. E finalmente, o director de cine Alfonso Zarauza presentoulle ao alumnado de Bach o seu filme Encallados. Velaí o vídeo resumo:
7 mar 2016
Julia Martinez: mezzosoprano, connosco
Hoxe o alumnado de 1º e 2º da ESO puido desfrutar da actuación da mezzosoprano Julia Martínez, actualmente estudando na Royal Academy de Londres. Amais estivo moi ben acompañada polo pianista ruso Andrej Iliushkin para cantarnos temas de Mozart, Bizet, Rachmaninoff ou Shumann. Espléndidos. Aquí vos deixamos a microentrevista que lle fixeron Miriam, Macarena e Fátima.
1 mar 2016
Xurxo Mariño: viaxe, aventura, ciencia e arte
Hoxe martes 1 de marzo tivemos a sorte de que as nosas aulas se encheran coa experiencia e o saber do científico Xurxo mariño. Xa o coñeciamos de cando a videoconferencia para o día da ciencia. E agora, en persoa, veunos presentar a súa experiencia tras dar a volta ao mundo durante un ano que titulou: "Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe ao redor do mundo". E velaquí vos deixamos a entrevista que lle fixeron ao final Santi e María.
4 feb 2016
Produción alternativas no agro galego
O pasado dous de febreiro a zoóloga Teresa Rodríguez da Facultade de Veterinaria da USC no seu Campus de Lugo compartiu co alumnado do IES Chano Piñeiro o seus saberes sobre producións alternativas no agro galego. Falounos de abellas, miñocas e caracois e da súa explotación comercial como alternativa ou complemento á gandeiría ou agricultura.
Aquí vos deixamos un vídeo e unha pequena entrevista.13 ene 2016
Sés, connosco
O pasado 12 de xaneiro tivemos a gran sorte de que Sés pasara unha hora connosco. Desa actuación marabillosa deixámosvos este vídeo-resumo:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)