Velaquí tedes o enlace para ver o acto en conmemoración do 25 de novembro.
25 nov 2020
21 nov 2020
Certame de escrita sobre machismos e desigualdade
Ao longo da historia fóronse establecendo relacións de poder desiguais entre mulleres e homes na nosa sociedade, levando as mulleres a unha situación de subordinación.
As violencias e desigualdades de xénero aséntanse en costumes, ideas e pautas culturais que aprendemos desde que nacemos. As seguintes afirmacións son algunhas desas perigosas crenzas que moitos e moitas de nós temos interiorizadas:
1. O amor pode con todo
2. Por amor eu faría calquera cousa
3. Os celos son unha demostración de amor.
4. Todas as persoas temos unha media laranxa nalgún sitio
5. Cando amas unha persoa, non desexas a ninguén máis.
6. O amor verdadeiro perdoa e aguanta todo
7. Se me queres, tes que contarmo todo
8. Se lle quero, debo deitarme con el cando mo pida, aínda que non me apeteza
Escolle unha das afirmacións anteriores e escribe un texto en que deas a túa opinión e fagas as túas reflexións persoais sobre ela.
Haberá dúas categorías:
1) BACHARELATO
2) 3º e 4º ESO
30 jun 2020
Que soe a música!
Preme en calquera das liñas que seguen e..., que soe a música!
30 propostas de música en galego actual que tes que coñecer
Queres música en galego? Consulta a lista definitiva cos grupos e os xéneros
22 may 2020
Verso a verso: Todos os días son días das Letras (III)
20 may 2020
Verso a verso: Todos os días son días das Letras
18 may 2020
Verso a Verso: Semana das Letras
"Soio cando chegaba ós meus ouvidos
a doce voz de mel da miña vella,
eu xa non tiña medo.
Agora non comprendo
como aquil ser tan cativo,
aquela vella nena tan endébel,
(nos seus ollos azures
había luces de amenceres novos)
podía escorrentar tan grande medo."
16 abr 2020
Quedamos na casa..., lendo!
PREME no título para ler:
15 abr 2020
Querido avó, amada avoa: Para vós, sempre
https://linguademontes.blogspot.com/2017/06/verso-verso.html
Envellecer






