Nestes tempos escuros, non queremos nin podemos esquecer as persoas maiores. Queremos dicirlles que estamos ao seu lado; con angustia, pero tamén con esperanza.
Ana María Fernández, escritora galega nacida en Palma de Mallorca, ten, no seu libro Amar e outros verbos, un fermoso poema dedicado á vellez.
Recollemos aquí o videopoema, feito polo noso ex-alumno Sebastián, que aparece nunha das páxinas anteriores deste blog,en honra de todos eles .
https://linguademontes.blogspot.com/2017/06/verso-verso.html
Envellecer
Mira
os avós.
Antes
eran máis grandes,
máis
altos,
máis
anchos...
pero
devecen coma as follas sen zume.
Aseguran
que o tempo é o único culpable,
un
furtivo que chega cos dentes afiados
a
cravárselles no rostro
mentres
dormen
mentres
botan farangullas ás pombas dos xardíns
ou
xogan coma nenos.
A
miúdo falan de vidas que pasaron
e
argallan historias,
ao
quentaren as mans
sobre
a seda dos lumes.
Os
avós envellecen devagar,
pero
ninguén pode arrincarlles o sorriso,
porque
gardan
o
segredo do futuro,
máis
alá dos seus ollos pequenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.