Un ano máis, conmemoramos a Semana das Letras, aínda que dun xeito especial: desde a casa. Alumnas de 4º comparten connosco a gravación do poema "O medo" pertencente ao libro O soño sulagado de Celso Emilio Ferreiro.
O poeta fálanos dos medos dun neno, que desaparecen cando a nai está onda el.
"Soio cando chegaba ós meus ouvidos
a doce voz de mel da miña vella,
eu xa non tiña medo.
Agora non comprendo
como aquil ser tan cativo,
aquela vella nena tan endébel,
(nos seus ollos azures
había luces de amenceres novos)
podía escorrentar tan grande medo."
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.