EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.
O pasado martes 14 de novembro de 2023, o alumnado de 3º e 4º da ESO participou na actividade “Que non te líen, ti elixes”.
Esta actividade pretende o desenvolvemento de actuacións que favorezan unha conciencia libre de estereotipos de xénero e de prexuízos respecto das profesións con pouca representación feminina entre as alumnas da etapa educativa da ESO.
O programa desenvolveuse no IES Chano Piñeiro a través de unha charla didáctica impartida por Alba Meijide, Project Manager da empresa ILUX Visual Technologies, centrando o debate no ámbito das TIC, especialmente no sector da Intelixencia Artificial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.