EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.
O mércores 4 de outubro de 2023, os alumnos e alumnas de 1º de ESO tivemos unha
saída á área recreativa do Cotelo (Forcarei), acompañados dos profesores de
Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas e os técnicos ambientais do proxecto.
Realizamos unha primeira inspección de outono dun tramo do río Lérez, onde
puidemos observar a presenza de flora de ribeira, macroinvertebrados e anfibios.
Tamén fixemos unha medición da temperatura e dos parámetros fisicoquímicos da
auga. Finalmente, coa presenza de varias especies de bioindicadores, concluímos
que o río presenta un estado de saúde bo. Isto implica un lixeiro deterioro
respecto dos últimos anos, nos que era moi bo. Ademais tamén observamos varias
árbores (carballos e ameneiros) secas. Agardaremos ao estudo de primavera para
ver como evoluciona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.