A saída didáctica a Lugo
comezou cunha actividade que nos axudou de xeito lúdico a
coñecer as xoias que garda o Museo Provincial desa cidade. O
alumnado de 1º e 2º da ESO, logo de ler os relatos que
servirían de base para a actividade, participaron nun concurso
para desentrañar os misterios que se lle presentaron.
Ao remate tivemos ocasión de
visitar o centro de interpretación da Muralla, para entender
mellor a visita que logo faríamos a esta, percorréndoa
na súa case totalidade. A muralla de Lugo é unha
fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de
Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características
que se conserva no mundo. Comezou a súa construción
probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus
Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte
peninsular. A devandita construción delongouse ata a época
de Constantino, rematando sobre o ano 325.
Pola tarde o alumnado tivo ocasión
de navegar por unha das arterias fundamentais do noso país
gozando das vistas que desde o rio se podían contemplar nas
beiras frondosas do Miño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.