O pasado xoves día 5 recibimos a visita de
Marta e de
Brais,
A Tropa de Trapo, co seu espectáculo
A Hora Azul. Primeiro unha sesión de contacontos dirixida ao alumnado de 1º e 2º ESO coa música da guitarra portuguesa, do laúde árabe ou do caixón flamenco, con historias que veñen doutras culturas, doutros pobos. Despois, un obradoiro no que traballaron técnicas de expresión corporal, e faláronnos da importancia de escoitar, da forza intimidatoria da mirada, do traballo colectivo na creación dun conto...
Mágoa non dispor de máis tempo para desenvolver máis de vagar todas estas dinámicas teatrais que tanta valía teñen nas nosas vidas!
Pero, quen sabe, ao mellor os nosos camiños se poden volver cruzar noutra ocasión...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.