Cando alguén é quen de lograr que o alumnado que o está a escoitar nin se inmute cando soa o timbre de saír ao recreo, quere dicir que conectou co seu público. Isto é o que logrou Raquel Queizás esta mañá coa rapazada de 1º e 2º ESO do IES Chano Piñeiro co seu espectáculo Caso Pechado. Contos clásicos como "A pata de mono" de William Wylamrk Jabobs ou "Cordeiro asado" de Roald Dalh narrados dentro dunha boa ambientación case ás escuras que nos permitiron achegarnos dun xeito ameno e participativo á literatura de misterio e terror.
Velaquí vos deixamos algunhas imaxes da contada non sen antes agradecerlle a Raquel a súa simpatía e bo facer!
E moi prontiño a entrevista que Susana e Andrea, as profesionais de Telediver, lle fixeron á nosa convidada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.