A escritora Neves Soutelo desenvolveu una actividade de dinamización do noso alumnado para fomentar o hábito da lectura e para animalos a eles mesmos escribir relatos de ficción.
O mércores 11 de outubro de 2023 inauguramos o club de lectura deste novo curso 2023-24 cunha xenerosa chocolatada. Felices de que a familia lectora medre e de poder compartir chocolate e historias. Un ano máis o equipo de dinamización de lingua galega e o da biblioteca colaboraremos estreitamente.
O mércores 4 de outubro de 2023, os alumnos e alumnas de 1º de ESO tivemos unha
saída á área recreativa do Cotelo (Forcarei), acompañados dos profesores de
Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas e os técnicos ambientais do proxecto.
Realizamos unha primeira inspección de outono dun tramo do río Lérez, onde
puidemos observar a presenza de flora de ribeira, macroinvertebrados e anfibios.
Tamén fixemos unha medición da temperatura e dos parámetros fisicoquímicos da
auga. Finalmente, coa presenza de varias especies de bioindicadores, concluímos
que o río presenta un estado de saúde bo. Isto implica un lixeiro deterioro
respecto dos últimos anos, nos que era moi bo. Ademais tamén observamos varias
árbores (carballos e ameneiros) secas. Agardaremos ao estudo de primavera para
ver como evoluciona.
As actuacións do equipo de dinamización, en colaboración co departamento de Lingua Galega e dentro do Plan Proxecta Fitofaladoiro remataron este curso cunha exposición no centro dun excelente traballo realizado polo alumnado de 4º da ESO en relación ca fitotoponimia de Terra de Montes. Nomes fermosos ligados á nosa flora!
Este ano conmemoramos o 23 de abril, Día do Libro, en colaboración co grupo da biblioteca e o club de lectura, cunha actividade de animación á lectura. Puxemos cara a 32 clásicos da literatura universal, quixemos coñecer a persoa que está detrás e dentro deses libros, difundir a idea de que os clásicos están vivos e animar á súa lectura en galego. Sen ningunha dúbida, en galego estamos no mundo e a través da nosa lingua podemos acceder ás grandes obras da literatura universal.
Un ano máis, conmemoramos
no noso centro o Día de Rosalía. E este ano escollemos como tema “Rosalía e o
mar”.A natureza foi moi importante na
obra de Rosalía de Castro; toda a natureza de Galicia, o mar e a montaña, as
veigas e os prados, as fontes e os regatos pequenos, os montes e os ríos, a
vexetación e a fauna... Neste momento en que vivimos, limitados nos movementos,
lembrámonos especialmente do mar, porque está lonxe de nós,non podemos achegarnos a el e sentir a súa
fermosura e a súa forza. Na obra de Rosalía o marfoi moi importante e aparece en moitas
ocasións, con distintos significados e diferentes simboloxías.Segundo deixou escrito o seu marido, Manuel
Murguía, “o mar foi, na natureza, o seu amor predilecto”.
Por iso nós nesta
ocasión queremos lembrar a relación entre Rosalía e o mar e, ao mesmo tempo,
facer unha homenaxe ao noso mar e á nosa paisaxe costeira, partindo dun poema
de Cantares gallegos, “Nosa Señora da Barca”, en que a autora recrea o
ambiente dunha das festas máis concurridas da Galicia mariñeira, a da Nosa
Señora da Barca, en Muxía, partindo dunha coñecida copla popular: