21 may 2024

Visita a Sogama e obradoiro sobre reciclaxe (15 de maio de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

O xoves 15 de maio, alumnado de 1ºESO e 2ºESO desprazouse ata as instalacións de SOGAMA, no concello de Cerceda, para saber que pasa co lixo que producimos no 94% dos concellos de Galicia, incluído o concello de Forcarei e o de Cerdedo-Cotobade, despois de que o depositemos nos contedores do lixo.


Ao complexo de SOGAMA chegan os residuos que botamos nos contedores amarelo (envases lixeiros, latas e briks), verde ou gris (fracción resto) e agora tamén do novo colector marrón (materia orgánica). Explicáronnos que é o que se fai en SOGAMA, dende que chega o lixo (en tren ou en camión) ata que se envía ás empresas que o reciclan (no caso dos envases lixeiros, latas e briks), ou se fai compost (coa materia orgánica) ou se queima (no caso dos materiais que non se reciclan). Tamén fixemos un xogo para comprobar se sabemos depositar correctamente o lixo nos colectores correspondentes e visualizamos un vídeo inmersivo das instalacións 360º a través de lentes de realidade virtual.

Por último, fixemos un recorrido en bus polas instalacións durante o cal vimos cos nosos propios ollos as enormes moreas de lixo que alí hai (e que é xerado por todos nós), o vertedoiro onde se amorean as cinsas que se producen ao queimar o lixo, os envases do colector amarelo xa clasificados e empacados para mandar a reciclar, etc. E fomos conscientes do necesario que é que reduzamos a cantidade de lixo que producimos, facendo un consumo responsable, e do importante que é os residuos que xeramos os depositemos correctamente no contedor axeitado para facilitar así a súa reciclaxe.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.