Un ano máis, conmemoramos o Día de Rosalía. Este ano baixo o
lema AbrideAfiestra.
E así o fixemos:
Trala xanela que a profesora e alumnado de Plástica
deseñaron, pasaron un por un alumnos e alumnas que deron voz aos poetas
que dedicaron composicións a esta escritora. E mentres, Rosalía -interpretada por
Leticia Míguez-
escoita, escribe e pensa. Ao final, inspirada polo acto, tamén interveu para lernos un fragmento do prólogo do libro Follas novas, dirixido aos lectores da súa obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.