O alumnado de PDC de 3º e 4º da ESO
participou en dúas viaxes didácticas a dúas exposicións ben diferentes que nos
achegan á nosa cultura desde tempos e perspectivas diferentes. Por unha banda á
Cidade da Cultura na que se conmemoraba o 25 aniversario do cinema galego cunha
exposición sobre esta actividade tan moderna e presente nas nosa vidas como é a
cultura audiovisual na que o noso país ten tamén a súa achega, e especialmente
a nosa comarca na que se criou o director que inaugurou esta xeira e que dá nome
ao noso centro: Chano Piñeiro.
Alí tivemos ocasión de coñecer o proceso
e as vicisitudes que tiveron que levar a cabo quen produciu as primeiras
longametraxes na nosa lingua. E tamén a situación actual do cinema galego e
tamén da produción para televisión.
No Museo de Pontevedra fixemos, pola
contra, unha viaxe cara o noso pasado coa participación en actividades
interactivas que nos achegaran ao noso rico patrimonio. Alí estivemos na
presenza de Castelao quen a través da súa obra nos fala de onde vimos e quen
somos. Castelao, quen percorrera outrora Terra de Montes, deixando pegada na
súa obra, preséntanos unha arte propia que senta as bases dunha creatividade
popular e xenuína para estar no mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.