Recibimos xa o cartaz do Día da Ciencia en Galego 2013 que este ano está dedicado á Arte e Ciencia (nas figuras de Bucky Fuller e Isaac Díaz Pardo) e á Estatística (Florence Nightingale).
Como aperitivo ás diversas actividades que iremos desenvolvendo e que terá o seu punto culme cos nosos obradoiros que tanto éxito tiveron nos últimos anos, facémosvos a proposta de participar no concurso de relatos Ciencia que Conta que organiza o Grupo Divulgatia da Universidade de Vigo. Este concurso, cuxo obxectivo é contribuír a concienciar á sociedade galega sobre a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e benestar social de Galiza. Tedes as bases no noso taboleiro ou, se o preferides, podedes descargalas aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.