11 abr 2013

Carlos Gende, beatboxer, no Chano Piñeiro

Como anunciabamos onte, hoxe visitounos o artista cercedense Carlos Gende (Gendebeat) para impartirlle ao alumnado de 3º ESO, 4º ESO e @s alumn@s de Música do Bacharelato un obradorio de beatbox. Ao longo de hora e media, Carlos explicounos as orixes e a historia deste 5º piar do hip hop amáis de ofrecernos unha pequena exhibición tanto de beatbox como da música que el fai. Até conseguiu levantar ao público dos seus asentos!! (non se moito insistir...)



Unha das grandes sorpresas da mañá foi cando Zeus, alumno de 2º de Bacharelato e membro do EDL do centro, demostrounos as súas habilidades co beatbox e incluso acompañou a Carlos mentres este rapeaba uns versos! (desculpade a calidade do vídeo pero coido que era interesante facer esta mención especial)


Desde o EDL queremos darlle as grazas a Carlos pola súa amabilidade e polo "bo rollo" que nos transmitiu. Ah! E proximamente poderemos ver a entrevista que lle fixeron as mozas de Telediver...permanecede atent@s!

5 comentarios:

  1. Este obradoiro pareceume moi interesante

    ResponderEliminar
  2. O obradoiro estivo ben,o tipiño era un fenómeno. Gustoume e ademais ensina ben a facer beatbox. Unhas clases con el e faste pro.

    ResponderEliminar
  3. esta exhibicion pareceume unha experiencia nova na cal non me esperaba que o individuo fose tan bo...fixoo bastante ben...merecese un premio xD

    ResponderEliminar
  4. Eu creo que quedamos todos moi impresionados coa actuación deste fenómeno!!!

    ResponderEliminar
  5. Ese Zeus!!! Unha aperta para el dende estas terras non demasiado afastadas!

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.