6 mar 2013

Marga Pazos, presentadora da TVG, no Chano Piñeiro

Onte tivemos a fortuna de recibir no noso centro a un dos rostros máis  coñecidos e recoñocibles  da Televisión de Galicia: a presentadora de informativos  Marga Pazos.
Ao longo da charla que lles impartiu ao alumnado de 4º ESO e de Bacharelato falounos das súas experiencias co galego, non só a nivel laboral senón tamén a nivel persoal. Ademais, fixo especial fincapé en destacar á TVG como un elemento normalizador de gran importancia, convidándonos a lembrar momentos destacados do Xabarín Club que, a máis dun e dunha, lles fixo debuxar un sorriso nos beizos.
Por último, analizou a crua (e preocupante) realidade da nosa lingua dentro dos medios de comunicación do país: presenza máis que minoritaria na prensa escrita e unicamente presente de forma íntegra na radio e televisión pública de Galicia.


E aínda queda unha pequena sorpresa por descubrir, xa que os compañeiros de Telediver  (a TV do Chano Piñeiro) fixéronlle unha entrevista que poderedes ver moi pronto. Permanecede atent@s!


Desde aquí quixeramoslle agradecer a Marga a súa visita, na que repartiu simpatía e amabilidade en todo o tempo que estivo connosco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.