26 feb 2013

Día de Rosalía (e III)

Onte, como xa anunciaramos en días anteriores, celebramos o Día de Rosalía na honra á unha das mulleres máis importantes da literatura galega de todos os tempo. O acto foi unha combinación de poesía, imaxe, son e drama que trataremos de esmiuzar a continuación.



Tras a presentación inicial, na que se explicou a vida e obra de Rosalía, e a proxección do recitado do alumnado de 1º ESO (ver aquí), asistimos a un recitado poético mesturado con son; poesía e música, música e poesía, nunha simbiose perfecta para percorrer unha pequena parte da obra da poeta. Así, puidemos escoitar o rap de AID, o rock dos NAO ou a gaita de Carlos Núñez reinventando os poemas que, previamente, recitara o alumnado.





Por último, @s alumn@s de 2º Bacharelato dirixidos pola profesora Clara Iglesias ofrecéronnos a dramatización dun poema dialogado de Rosalía no que a autora móstrase crítica coa institución do matrimonio e co seu carácter eterno, segundo as leis da Igrexa Católica.


Desde o ENDL queremos agradecer a colaboración a  todo o alumnado que permitiu o desenvolvemento desta actividade.

1 comentario:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.