Mañá, martes 6 de novembro, comezaremos coas actividades que temos preparadas co gallo da Semana da Ciencia. Igual que no curso pasado, presentaremos dous carteis conmemorativos dedicados aos dous persoeiros aos que se lle adica este ano o Día da Ciencia en galego: Leonardo da Vinci e Ramón Verea. Precisamente, e en homenaxe ao inventor estradense da primeira calculadora que permitía facer multiplicacións, teredes a oportunidade de disfrutar dunha pequena exposición na que se analiza a historia da calculadora e poderedes ver unha mostra destes aparellos na que apreciaredes a súa evolución ao longo dos últimos 60 anos.
Ademais, levaranse a cabo cinco obradoiros dirixidos por varios alumnos e alumnas que se prestaron voluntari@s para facer de monitores e que vos achegarán diferentes curiosidades relacionados co mundo da ciencia. Por suposto, tod@s estades convidad@s!!
Os obradoiros, organizados polo departamentos de Bioloxía, Física e Química, Tecnoloxía, Música e Matemáticas, en colaboración co ENDL serán:
- LEONARDO E A TECNOLOXÍA (Dpto. Tecnoloxía) Presentaranse unha serie de actividades en torno á figura de Leonardo da Vinci
- enCANTAdores (Dpto. Música) Explicarase a relación existente entre a música e a matemática
- MICROSCOPIO. CONSTRÚE O TEU CROMOSOMA (Dpto. Bioloxía) Diversas actividades preparadas polo departamento de bioloxía nas que o microscopio será parte importante
- MATEMAXIA (Dpto. Matemáticas) Maxia e matemáticas contrúen un universo de ilusión onde só os números teñen a resposta.
- XOGANDO COA QUÍMICA (Dpto Física e Química) Diversos experimentos para aprender máis sobre os fenómenos que nos rodean
SEGUIREMOS INFORMANDO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.