Onte 6 de maio participamos na festa do Correlingua que se celebraba en A Estrada. Para esta ocasión, o alumnado escolleu palabras que conformaban versos de Novoneyra e que levaban ás costas. Como a lingua. Os versos que escolleron foron os seguintes. Haberá que pensar por que:
- Un pobo nace sempre
- Galicia do silencio, calada á forza
- Galicia, será a miña xeración quen te salve
- Neva para atenuar o mundo
- A forza do noso amor non pode ser inútil
Deixámovos cunha presentación desta festa na que cantamos, choutamos, berramos, bailamos, en fin, queo pasamos moi ben. Antes podedes poñerlle unha banda sonora, por exemplo, este tema de Mercedes Peón, moi ao caso:
Fermosa homenaxe a Uxío Novoneyra, un home orgulloso da súa lingua. E inmellorábel a escolla musical. Parabéns.
ResponderEliminar