A actriz Estíbaliz Veiga estivo con nós representando un monólogo, Golpes, baseado nunn caso real de violencia de xénero. Esta actividade enmárcase no programa que se está desenvolvendo no Centro "365 días pola igualdade".
25 ene 2020
7 ene 2020
Calendario
20 dic 2019
Teatro..., na Estrada
Este xoves tivemos o pracer de ver representada a adaptación ao teatro da obra Contiños da terra de Manuel García Barros, da man da Escola de Artes Escénicas da Estrada. A peza emprega
a liña argumental de tres contos, "A carón da pedra", "O Ciridonio non se
engana" e "O tío Zanfona", e en palabras de Santiago Cortegoso, autor do texto, "serve para poñer en valor á narración oral
como elemento básico de relación social" .
Desfrutamos moito coa representación.18 dic 2019
Teatro..., no Chano
Este martes pola tarde estivemos no teatro. A compañía A Panadaría representou para todo o alumnado de 3º, 4º de ESO e Bacharelato, no salón de actos, a obra Elisa e Marcela. Esta representación de teatro e música, sobre a relación amorosa entre dúas mulleres de principios do século XX, recibiu grandes eloxios da crítica e importantes premios, incluído o Premio ao Mellor Espectáculo María Casares 2018.
Clica AQUÍ, para máis información
4 dic 2019
Coa lingua de paseo: "Galicia, un relato no mundo"
O alumnado de 3º, 4º de ESO e Bacharelato estivo na Cidade da Cultura para visitar a exposición Galicia, un relato no mundo. O motivo inicial da saída era poder ver o Cancioneiro da Vaticana, unha das xoias da lírica medieval galega que, por primeira vez en séculos, saíu da biblioteca que o garda, a do Vaticano. Nesta exposición hai outras destacadas pezas de alto valor para a historia e a cultura do
noso país e que se atopan en prestixiosas coleccións museísticas en
distintos recantos do mundo. Visitamos tamén a Colexiata do Sar e, pola tarde, o Museo de Historia Natural.
25 nov 2019
Verso a verso: Haikus contra a violencia de xénero
No ano 2014, o alumnado do IES Laxeiro traballou nun fermoso proxecto,"Haikus contra a violencia de xénero". Baixo a coordinación da profesora Gracia Santorum, conseguiron que moitas escritoras e escritores decidisen tamén contribuír coas súas creacións: Antonio García Teijeiro, María Canosa, Lucía Aldao, Chus Pato, Helena Villar Janeiro, María do Cebreiro, Agustín Fernández Paz, Xabier Docampo... O resultado de todo ese esforzo desembocou nunha publicación única: Libro do Mal Amor, ilustrado por Mar García e Aránzazu Diñeiro, dispoñible na rede.
A partir desta obra, este 25 de novembro elaboramos un pequeno vídeo:
22 nov 2019
Ciencia..., en galego!
O profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas de Vigo, José Benito Vázquez, compartiu hoxe dúas sesións co alumnado de 4º de ESO e Bacharelato do Chano. Baixo o título de Física Re-creativa, presentou varios experimentos que nos permitiron descubrir diversos segredos da luz e a súa percepción.
10 oct 2019
Como te apelidas?
Este ano mantemos a proposta desde a web da biblioteca https://www.chano.gal
Calquera persoa interesada pode facernos chegar a súa petición deixando anotado o apelido no taboleiro do EDLG do Centro ou enviándoo á páxina citada.
Clica AQUÍ para ver outros apelidos
30 sept 2019
Estíbaliz Espinosa no Chano
O último día de setembro estivo connosco a escritora Estíbaliz Espinosa. A música e a poesía, a muller e a ciencia, estes foron os eixes da súa acción artística, 7 constelacións que xa non son invisibles.
Chegou ata aquí da man do programa da Deputación "Mulleres en acción. Violencia zero"
5 jul 2019
Celso connosco
O día de fin de curso estivo connosco Celso Fernández Sanmartín, "Celsiño". Veu contarnos historias ou, como nós preferimos dicir, contar a Historia. E que ben o fai! Ninguén coma el para unir presente e pasado, mozos e vellos, nun mesmo eixe.
Escoitámolo engaiolados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















