28 ene 2019

Día da ciencia en galego

Coma en cursos anteriores, celebramos o Día da Ciencia e a Tecnoloxía... en galego! Esta vez, fixémolo  o  15 de xaneiro.
Ao longo da xornada, alumnas e alumnos son  protagonistas: organizan os obradoiros, explican as demostracións e experimentos e participan como público en obradoiros alleos.
Neste día tamén nos visita o alumnado do colexio Virxe das Dores.  







 
Velaquí un vídeo resumo das actividades desenvolvidas no IES Chano Piñeiro de Forcarei co gallo desta celebración do Día da Ciencia en Galego do curso 2018/2019. Na actividade, coordinada polo EDLG do centro, colaboraron os departamentos de Bioloxía, Matemáticas e Tecnoloxía. 
Música: "Ata que o lume se apegue" NAO (Un ano máis, grazas, grazas e grazas!)


                                
Vídeo publicado en  http://flortoxo.blogspot.com/, onde se pode obter máis información sobre algúns dos obradoiros.

18 ene 2019

Pontevedra e Castelao


Un clásico: O alumnado de 4º de ESO  e de 2º de BAC do IES Chano Piñeiro fixo  o roteiro Castelao na cidade de Pontevedra e visitou as salas do Museo dedicadas a este autor.



15 ene 2019

Castelao: sempre.

Xaneiro foi o mes de Castelao. 
No Centro, puidemos ver dúas exposicións sobre esta figura senlleira da cultura galega. Unha delas sobre os seus Álbums de guerra e a outra baixo o título Castelao na Terra de Montes, con paneis cedidos pola Asociación da Rapa de Sabucedo. 






21 dic 2018

Calendario Terra de Montes (Cerdedo)

Un decembro máis, todos os membros da comunidade educativa foron agasallados cun precioso calendario para o 2019. Esta vez, as ilustracións corresponden a Cerdedo. As imaxes recollidas nas súas páxinas estarán aí cada un dos meses do ano para recordarnos a beleza do que nos rodea.

Coma no ano anterior, o breve estudo toponímico foi realizado baixo a coordinación da profesora Clara Iglesias.

25 nov 2018

Racha o silencio!


Non convén esquecelo; nin o 25 de novembro nin o resto do ano. Temos unha pulseira para lembralo e para mostralo:

                                Racha o silencio! , contra a violencia de xénero.


Verso a Verso: Non son fada

Neste 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, o alumnado de 2º ESO B tivo a ben agasallarnos con Non son fada, canción da cantante María Xosé Silvar, máis coñecida como SES.


29 oct 2018

"Facer cine en Galicia é posible, facer cine en galego é necesario"

Este é o lema que alumnas e alumnos  de 1º de bacharelato escolleron para o mural que neste mes de outubro realizaron no patio que o Instituto e o colexio Virxe das Dores comparten . Nel, quixeron amosar a fermosura da paisaxe que os rodea e tamén facer unha homenaxe ao inesquecible Chano Piñeiro e á capacidade que o cinema ten de compartir e universalizar calquera realidade. 
Contamos coa colaboración inestimable da pintora, ilustradora e especialista en gravado e estampación, Noemí Núñez, incluída no proxecto DEPO RÚARTE. 







                                          PREME PARA VER MÁIS IMAXES


25 sept 2018

Día Europeo das Linguas


O 26 de setembro conmemórase o Día Europeo das Linguas, que ten como meta promover a riqueza da diversidade lingüística de Europa. Algúns xornais recolleron esta celebración nas súas páxinas.
Podemos ler máis información premendo
                                                                  AQUÍ
     


25 jun 2018

Teatro... no Chano

O grupo de teatro de 2º de ESO,  dirixido pola profesora Clara Iglesias, representou a obra Pelexa na Souto, do autor Olimpio Arca,  o último día do curso 17-18. Alicia, a profesora de Plástica, colaborou co seu incrible enxeño na fabricación do vestiario.  
Anteriormente, xa actuaran para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria dos colexios de Soutelo, Cerdedo e Forcarei. Tamén o fixeran na Residencia de Maiores de Forcarei.
Foi todo un éxito: a obra gustou a rapaces, mozos e maiores.
Podemos voltar a vela neste vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=LtHJDSz18Xs



22 jun 2018

Concurso de microrrelatos Día da Letras

Celebramos o Día das Letras Galegas cun concurso de microrrelatos. Este ano os premios foron para Diana Rozados, de 2º de ESO, e para David Obelleiro, de 4º. Entregamos os agasallos nos actos de fin de curso. Parabéns para os premiados e grazas a todos por participar!

Aquí está un dos relatos:

                                                                  Silencio
    Fixouse nela, estaba sentada nun banco diante del. Tiña a pel branca coma a neve e un sorriso cálido coma o sol.
    Miradas silenciosas, sorrisos tímidos e conversas que nunca empezan.
   Ela tívose que ir e despediuse cunha última mirada que mantiveron durante uns segundos, que para eles foron eternos, coma se otempo se conxelase.
   El só nese parque, sentía lástima por unha oportunidade perdida. Viu como se ía e colleu valor para ir tras dela. 
   Cando por fin se atoparon non fixeron falta palabras, estaba todo dito xa.
   Dúas almas acariciáronse naquela tarde invernal.
                                                                                                                                    David