Neste mes de decembro agasallamos a todo o alumnado e as súas familias, o profesorado do Instituto e tamén aos colexios de Soutelo, Cerdedo e Virxe das Dores cun calendario para o ano 2018: Nomes de Terra de Montes (Forcarei).
Velaquí o resultado.
22 dic 2017
18 oct 2017
A biopsia líquida
A doutora TERESA CURIEL estivo no IES Chano Piñeiro, co alumnado de 4º de ESO e Bacharelato para falar do cancro e a biopsia líquida. Esta oncóloga e investigadora forma parte de Oncomet, Oncoloxía Médica Traslacional, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.
17 oct 2017
As nosas parroquias, as nosas aulas
Acabamos de poñerlles nome ás aulas do Centro. Cada unha delas ten ao lado da porta un fermoso cartel co nome dunha parroquia do concello de Forcarei. Un mapa, unhas imaxes e o estudo toponímico (realizado pola profesora Clara Iglesias) compoñen cada unha das placas. Velaquí unha reprodución.
15 jun 2017
Verso a Verso
5 jun 2017
En Celanova e Bande
O pasado 1 de xuño estivemos en Celanova, terra de Curros e Celso Emilio. Visitamos a Casa dos Poetas e o mosteiro de san Salvador. Despois fomos a Vilanova dos Infantes e, por último, ao campamento romano Aquis Querquernis,
en Bande. Literatura, historia, arquitectura... e moita diversión
2 jun 2017
A nosa toponimia
O pasado 31 de maio estivo no noso instituto Gonzalo Navaza. Ademais de escritor, tradutor e profesor da Universidade de Vigo, é unha verdadeira autoridade en cuestións de toponimia. Falounos durante dúas horas sobre a orixe dos nomes das parroquias e lugares do concello de Forcarei.
Agradecémoslle que compartise connosco parte do seu saber.
19 may 2017
Visita a Ponteceso
O alumnado de 1º de BAC, 4º e 3º de ESO pasou unha xornada en Ponteceso, o berce dePondal.
A primeira sorpresa foi a vista ao dolmen de Dombate.
A continuación, iniciamos un percorrido de 5,5 km, desde a casa de nacemento do escritor e o malecón construído pola súa familia, polo esteiro do río Anllóns, a enseada da Ínsua e as dunas da Barra, ata a praia de Balarés. Pola tarde, subimos ao alto do monte Branco e estivemos no cabo Roncudo, lugar de singular beleza.
Rematamos a xornada na Fundación Eduardo Pondal.
17 may 2017
Un ilustrador no Chano Piñeiro
Anxo Fariña estivo coas alumnas e alumnos de 1º de ESO na tarde do 16 de maio para contar en que consistía a tarefa de ilustrador.
Velaquí o agasallo que nos deixou.
Velaquí o agasallo que nos deixou.
16 may 2017
Correlingua 2017
Un ano máis, o alumnado do Chano Piñeiro achegouse á Estrada para participar na carreira pola nosa lingua acompañando ao alumnado de todos os centros educativos do Concello estradense a ao do IES Pintor Colmeiro de Silleda.
Unha visita obrigada para por en valor a nosa lingua, a nosa cultura. Para reivindicar o seu uso en todos os eidos. A lingua como vehículo para abrir cancelas. A chave que abre todas as portas.
![]() |
| Antía, Olivia e Cristina. de 4º ESO, foron as encargadas de dar lectura ao manifesto do Correlingua'17 |
19 abr 2017
Química en Galego!
O grupo de innovación docente CienciaNOSA da USC vén de publicar a nova versión en galego da Táboa Periódica dos Elementos, un documento que xa está accesible en liña na páxina web da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Esta nova achega é froito dun traballo realizado por docentes e investigadores do Departamento de Química Inorgánica da USC no que se recollen os catro novos elementos incorporados pola International Union fo Pure an Applied Chemistry (IUPAC) a finais do ano 2016.
Reproducímola a continuación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


























