O traballo consistiu en explicar que son as Litofanías e presentar diversas aplicacións realizadas con elas. As actividades foron elaboradas nas clases de Plástica e no Taller de Tecnoloxía.
Iluminación dunha Litofanía de Chano Piñeiro.
Realización dunha lámpada cunha pantalla de 4 Litofanías coas imaxes das monitoras.
O pasado martes celebramos no IES Chano Piñeiro o noso Dia da Ciencia en Galego.
Ao longo de toda xornada, o alumnado de todos os cursos do IES e tamén
o dos cursos superiores do colexio Virxe das Dores foi pasando por cada un dos obradoiros para coñecer as diversas propostas.
Con esta actividade pretendemos
achegar a ciencia ao alumnado usando a nosa lingua.
Para iso, organizamos unha serie de obradoiros temáticos desenvolvidos e impartidos polo
propio alumnado. Eles foron os encargados de explicar os contidos aos seus
compañeiros e compañeiras e tamén ao profesorado. Nesta actividade multidisciplinar participaron
varios departamentos didácticos aos que, desde aquí,
lles queremos agradecer o esforzo realizado. Os obradoiros deste ano foron os seguintes:
Medidas de son co Mbot Ranger(Dpto. de Tecnoloxía)
Litofanías(Dpto. de Tecnoloxía)
Mapas meteorolóxicos satélites NOAA(Dpto. de Tecnoloxía)
Métodos de realización de gravados (Dpto. de Plástica)
Policubos e cubo Soma(Dpto. de Matemáticas)
Voando con drons(Vicedirección)
Aplicacións das Matemáticas e a Xeoloxía: a topografía (Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía)
Experimentos con ovos e As viaxes de Darwin(Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía)
Extraendo o ADN (Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía)
Aquí podemos ver un resumo da actividade. Audio do vídeo: "O sol e a treboada" NAO
O alumnado de PMAR desenvolveu nas últimas semanas un traballo de medición do patio escolar seguindo tres procedementos distintos: imaxes satelitais, cinta métrica e medios topográficos.
No Día da Ciencia en Galego, celebrado recentemente no Centro, mostraron e explicaron os detalles do instrumental utilizado, os métodos aplicados e os seus resultados.
Aquí amosamos os carteis, presentados ese día, que recollen a explicación de todo o proceso.
Neste mes de decembro agasallamos a todo o alumnado e as súas familias, o profesorado do Instituto e tamén aos colexios de Soutelo, Cerdedo e Virxe das Dores cun calendario para o ano 2018: Nomes de Terra de Montes (Forcarei).
Velaquí o resultado.
A doutora TERESA CURIEL estivo no IES Chano Piñeiro, co alumnado de 4º de ESO e Bacharelato para falar do cancro e a biopsia líquida. Esta oncóloga e investigadora forma parte de Oncomet, Oncoloxía Médica Traslacional, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.
Foi un pracer escoitar as súas explicacións.
Agradecemos a súa desinteresada colaboración.
Acabamos de poñerlles nome ás aulas do Centro. Cada unha delas ten ao lado da porta un fermoso cartel co nome dunha parroquia do concello de Forcarei. Un mapa, unhas imaxes e o estudo toponímico (realizado pola profesora Clara Iglesias) compoñen cada unha das placas. Velaquí unha reprodución.
Presentamos tamén, dentro desta sección de videopoemas, colaboracións do alumnado. Neste caso foi Sebastián Álvarez, de 4º de ESO, quen nos engaiolou coas súas creacións. Grazas, Sebas.
O pasado 1 de xuño estivemos en Celanova, terra de Curros e Celso Emilio. Visitamos a Casa dos Poetas e o mosteiro de san Salvador. Despois fomos a Vilanova dos Infantes e, por último, ao campamento romano Aquis Querquernis,
en Bande. Literatura, historia, arquitectura... e moita diversión
O pasado 31 de maio estivo no noso instituto Gonzalo Navaza. Ademais de escritor, tradutor e profesor da Universidade de Vigo, é unha verdadeira autoridade en cuestións de toponimia. Falounos durante dúas horas sobre a orixe dos nomes das parroquias e lugares do concello de Forcarei.
Agradecémoslle que compartise connosco parte do seu saber.