20 abr 2016

Preparando as Letras: videopoemas.

O alumnado de 4ESO preparou uns videopoemas a partir dalgúns textos de Manuel María para ir poñéndonos o mel nos beizos ante a inminente chegada do Día das Letras Galegas. Velaquí os enlaces a algúns deles:
a) Esborrallándoo todo.
b) O videopoema de Brais e María
c) O noso amor é mencer

18 mar 2016

Actividades de fin de trimestre

Hoxe 18 de marzo rematamos o trimestre cunha serie de actividades que pasamos a resumir. En primeiro lugar, o filólogo da USC Xulio Sousa presentoulle ao alumnado de Bach a conferencia "De onde veñen as palabras". De seguido a profesora da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol Ivonete da Silva ofreceunos unha panorámica do seu país baixo o título "Meu Brasil ao longe" ao alumnado da ESO. E finalmente, o director de cine Alfonso Zarauza presentoulle ao alumnado de Bach o seu filme Encallados. Velaí o vídeo resumo:

7 mar 2016

Julia Martinez: mezzosoprano, connosco

Hoxe o alumnado de 1º e 2º da ESO puido desfrutar da actuación da mezzosoprano Julia Martínez, actualmente estudando na Royal Academy de Londres. Amais estivo moi ben acompañada polo pianista ruso Andrej Iliushkin para cantarnos temas de Mozart, Bizet, Rachmaninoff ou Shumann. Espléndidos. Aquí vos deixamos a microentrevista que lle fixeron Miriam, Macarena e Fátima.

1 mar 2016

Xurxo Mariño: viaxe, aventura, ciencia e arte

Hoxe martes 1 de marzo tivemos a sorte de que as nosas aulas se encheran coa experiencia e o saber do científico Xurxo mariño. Xa o coñeciamos de cando a videoconferencia para o día da ciencia. E agora, en persoa, veunos presentar a súa experiencia tras dar a volta ao mundo durante un ano que titulou: "Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe ao redor do mundo". E velaquí vos deixamos a entrevista que lle fixeron ao final Santi e María.

4 feb 2016

Produción alternativas no agro galego

O pasado dous de febreiro a zoóloga Teresa Rodríguez da Facultade de Veterinaria da USC no seu Campus de Lugo compartiu co alumnado do IES Chano Piñeiro o seus saberes sobre producións alternativas no agro galego. Falounos de abellas, miñocas e caracois e da súa explotación comercial como alternativa ou complemento á gandeiría ou agricultura.
Aquí vos deixamos un vídeo e unha pequena entrevista.

13 ene 2016

Sés, connosco

O pasado 12 de xaneiro tivemos a gran sorte de que Sés pasara unha hora connosco. Desa actuación marabillosa deixámosvos este vídeo-resumo:


17 dic 2015

Unha ollada galega sobre Escocia

Mañá finalizaremos este trimestre coa presentación ás 10h40 dunha experiencia emprendedora levada a cabo alén Galicia: a empresa de turismo cultural Viajarporescocia.com
E para ocasión estará connosco un dos seus fundadores, o porriñés Vicente Figueroa que nos explicará como foi creada, que tipo de produtos ofertan, como traballan e se sería un modelo extrapolable a zonas de gran interés cultural e paisaxístico como Terra de Montes.
E velaquí a entrevista que lle fixeron Santi e Alberto:

16 dic 2015

Ignacio Vilar, connosco

O luns 14 de decembro o Departamento de Lingua e Litertura galego organizou a presentación para o alumnado de 4ESO e de 1ºBACH do filme A esmorga. E para ocasión contouse amais coa presenza do seu director, Ignacio Vilar que nola introduciu e logo mantivo un coloquio co alumnado. Aquí vos deixamos a entrevista que lle fixeron unha alumna e un alumno de 4ESO para o blog do ENDLG.

23 nov 2015

A Semana da Ciencia no IES Chano Piñeiro

A semana do 4 de novembro tiveron lugar no IES Chano Piñeiro toda unha serie de actividades relacionadas coa Semana da Ciencia e na que colaboraron os departamentos de Matemáticas, Bioloxía, Física e Química, Tecnoloxía e, por suposto, o ENDL do centro. Amais da videoconferencia de Xurxo Mariño que convocou a máis de 6000 alumnas e alumnos de Galicia, tivemos diversos obradoiros científicos nos que o alumnado do centro participou de xeito activo e tamén unha conferencia da profesora da UDC S. Castro sobre motores de hidróxeno.  E para que vos fagades unha idea aquí vos deixamos este vídeo que co que nos agasallou o colega Anxo:


13 oct 2015

Álvaro Gago, o director de Curricán no IES Chano PIñeiro

Dicía Chano Piñeiro que facer cine en Galicia era posible; e facelo en galego, necesario. O pasado venres 9 de outubro estivo nas aulas do IES Chano Piñeiro de Forcarei co alumnado de 4ESO o director londoner de Vigo Álvaro Gago. Presentoulle ao alumnado a súa curta Curricán e logo conversou con eles sobre cine e sobre facer cine en galego dende Londres. Velaquí a entrevista de María: