EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.
Intercambio co IES Blanco Amor de Ourense. Devolvemos a visita a súa cidade logo de que estiveran con nós o ano pasado coñecendo Terra de Montes.

Dentro do proxecto etnográfico que este curso imos levar a cabo no noso instituto para coñecer máis sobre oficios tradicionais, o alumnado de terceiro e cuarto da ESO visita a Escola de Canteiros de Poio e o Salón da oferta de educación e formación de Galicia.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.
Visita a Padrón do alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato para visitar a casa de Rosalía e aprender máis sobre a nosa escritora máis senlleira.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.
Remata o curso e o alumnado de 1º e 3º da ESO acudiu neste último día de aulas ás Illas Cíes. Que mellor maneira de acabar o curso que coñecendo este fermoso parque natural do noso país!
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.
O curso chega á súa fin e o alumnado de 2º da ESO asistiu neste último día de aulas a San Xurxo de Sacos para asistir a unha actividade formativa e de ocio.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.
Por segundo ano, o grupo de teatro do alumanado de 1º da ESO do noso instituto remata o curso mostrando o traballo realizado durante todos estes meses. Se polo mañá foron o resto de compañeirxs do instituto os que puideron gozar desta obra, pola tarde foi toda a veciñanza do Concello de Cerdedo-Cotobade a que puido asistir á representación da obra "Restaurante Carmiña", que tivo lugar no centro cultural de Cerdedo.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.
Por segundo ano, o grupo de teatro do noso instituto remata o curso mostrando o traballo realizado durante todos estes meses. Este ano a obra representada leva por título "Restaurante Carmiña" e todo o alumnado da ESO puido gozar desta magnífica representación levada a cabo polo alumnado de teatro de 1º da ESO. Tamén o alumnado de primaria do CEIP As Dores de Forcarei puido asistir a unha representación desta peza teatral.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.
Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Luisa Villalta e no noso instituto celebrámolo estudando a súa obra e cunha exposición que estará exposta o que resta de curso.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.
Un ano máis, como xa é tradición, editamos un calendario que repartimos entre toda a comunidade educativa.
Continuando ca tarefa de investigación que desenvolvemos no centro sobre a riqueza cultural e paisaxística da Terra de Montes, este ano os calendarios que se ofertan á comunidade educativa como modo de dar a coñecer esta riqueza tratan sobre as moitas augas que corren pola comarca de Terra de Montes, en forma de arroios, regatos, regueiros, regueiriños, regos e reguiños, que se unen formando cinco importantes ríos. Catro deles nacen en Terra de Montes: o Lérez, o Umia, o Verdugo e o Deza. O Avia nace máis ao sur, pero parte das súas augas proceden da nosa comarca. No calendario, ademais das fotografías, inclúense diversas descricións e informacións.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.
En colaboración co Concello de Forcarei, o alumnado da ESO asistiu a un obradoiro de igualdade para tentar desmontar certos estereotipos e fomentar as relacións igualitarias entre homes e mulleres.