O pasado venres 14 de xuño, parte dos membros do Club de Lectura viviron unha marabillosa experiencia literaria mentres disfrutaban dun día de turismo. Isto é o que a profe Isabel nos contou sobre a experiencia:
Explicacións? Non:
tiña que ser ben… e foi!
Tras varios meses
de choiva, o sol amenceu con ganas de presumir e nos alegrou todo o camiño. E
como ademais nós levábamos na mochila
ganas, unha botella de auga e moita literatura interesante, emprendemos un
camiño que nos levou a Pontevedra e ás Illas Cíes.
Precisamente este
autor sacou outro bolillo no encaixe da súa axitada vida para tecer con nós un
aperitivo literario nunha das cafeterías históricas da vila. Durante hora e
media, este encantador de persoas nos hipnotizou cos seus libros, as súas
historias e os seus azos para ser
mellores persoas. Manel Loureiro despediuse de nos deixándonos a mochila
repleta dunha sensación de “euforia – eu podo” difícil de describir: conseguiu
que nos ilusionáramos ao saber que nós mesmos temos a chave de acceso á maxia
das nosas vidas e que só depende de nós abrila; que nos sentíramos afortunados
por ser intrépidos exploradores de historias cada vez que abrimos un libros;
que valorásemos a sorte que temos porque somos quen de emocionarnos cun libro.
Pola tarde, Jules
Verne esperábanos en Vigo, acompañado por Aronnax, Conseil, Ned Land e toda a
tripulación do Nautilus. En realidade non foron 20.000 leguas baixo dos mares, pero si un bonito paseo en barco
hasta as Illas Cies. E entón empezamos a ler, e as palabras pouco a pouco se
transformaron en brétemas que –ao disiparse- nos amosaban fermosos tesouros de
galeóns afundidos, dobróns de ouro soterrados no fondo de Rande, lingotes e
xoias das Indias Orientais esparexidos nos sedimentos submariños…
Hai veces que as
cousas saen ben. E o roteiro saíu realmente ben.
Así que, cando xa
de noite, lemos a última páxina do venres 14 de xuño e lle apagamos por fin a
luz ao día, o balance foi unha sensación de satisfacción. De optimismo. De
quedar animicamente ben.
E entón pensamos
nas acercadas palabras de Manel Loureiro: satisfacción, optimismo, benestar…
Si, porque o Club de Lectura está formado por xente que lle abre a porta a
todas estas sensacións.
Lóxico entón que
teñamos por Obxectivo: A Lúa!"Aquí podedes ver todas as fotos da viaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.