30 ene 2014

Día da Paz...lingüística!

Amosámosvos hoxe, 30 de xaneiro, este marabilloso cartel realizado polo EDLG do IES Félix Muriel de Rianxo, reclamando a normalización da nosa lingua en todos os eidos.



Parabéns polo traballo!

28 ene 2014

Metacios

Hai uns días que todo o alumnado e profesorado do centro recibiu o seu exemplar de Metacios. Unha publicación autofinanciada e gratuíta que, segundo un dos seus fundadores e coordinador da obra, Francisco Rozados "Rochi", "sae á rúa para tentar seguir contribuíndo á cultura e o coñecemento de Forcarei e Terra de Montes".



21 ene 2014

Music-galeguízate: Os Diplomáticos de Monte Alto

Retomamos esta actividade de recompilación da música galega iniciada no curso pasado co traballo do alumno de 4º ESO, Gabriel Pazos, que nos achega a obra do grupo coruñés liderado por Xurxo Souto, Os Diplomáticos de Monte Alto.


E para disfrutar da súa música velaquí vos deixamos un par de vídeos:


2 ene 2014

Agasallo.eu

Agora que está preto o día no que os Reis Magos se achegarán ás nosas casas, desde aquí  querémoslle recomendar ás súas Maxestades a páxina agasallo.eu.  Neste portal atoparedes multitudes de ideas e suxestións para regalar en galego!

Premede na imaxe para acceder. Non deixedes de botarlle un ollo!