20 jun 2019

Coa lingua de paseo

En xuño tamén saímos coa lingua de paseo. Mentres o alumnado de 2º de ESO estaba no Museo do Pobo Galego e 3º paseaba polo centro histórico de Santiago, todo 1º pasaba a mañá no castro de San Cibrán de Las. Visitamos o castro e o seu museo e fixemos actividades para entender mellor as escavacións arqueolóxicas, os habitantes dos castros e a cultura castrexa.





14 jun 2019

Mira que ben..., se falamos ben!

Amosamos aquí o folleto, un cuadríptico,  que o EDLG elaborou e distribíu entre o alumnado e  os outros membros da comunidade educativa sobre diferentes aspectos de corrección lingüística. Esperamos que esta pequena contribución a prol dunha lingua de calidade sexa do agrado de todas aquelas persoas que o reciban.


3 jun 2019

Concurso literario "Mes das Letras"

No noso concurso de microrrelatos "Mes das Letras" resultaron  premiadas  dúas rapazas: Silvia Álvarez Fontán, de 2º de ESO, e Laura Alonso Suárez, de 4º.
Queremos agradecer a todos o empeño e a participación.

Parabéns ás gañadoras!