13 dic. 2012

#recitandocelsoemilio...no IES Chano Piñeiro

Como xa anunciamos hai uns días, onte unímonos á homenaxe pública de carácter colectivo que se lle fixo ao escritor celanovés Celso Emilio Ferreiro. Se ben o motivo principal do acto era a lectura do poema Deitado frente ao mar, nós quixemos ir máis aló e improvisamos un programa de TV "en rigoroso directo" (por suposto, dirixido e presentado polos profesionais de Telediver) que foi a plataforma perfecta para achegarlle aos alumnos-telespectadores a figura de Celso Emilio. Así, dentro dese programa ofreceuse unha reseña á biografía do autor, mostrouse parte da súa obra así como o recitado dalgúns dos seus poemas por parte dun grupo de alumn@s. Por suposto, a emisión rematou dando paso ao recitado do poema cando eran exactamente as 12 do mediodía.

En definitiva, un emotivo acto que podedes ver e revivir no seguinte vídeo:


Por último, desde o ENDL do IES Chano Piñeiro queremos darlle as grazas ao alumnado e profesorado que colaborou na actividade.

7 comentarios:

  1. Mellor aínda do que agardaba. Como me gusta ver a eses meus nenos e nenas traballando tan ben. Moitisímos parabéns, artista. Sabía eu que quen perde son eu...

    ResponderEliminar
  2. Iso é porque me miras con bos ollos...:P
    Graciñas!!

    ResponderEliminar
  3. Anxo e colaboradores: noraboa polo traballo!!!!

    Adriana.

    ResponderEliminar
  4. Noraboa polo traballo!

    ResponderEliminar
  5. Vervos prodúceme un ataque de morriña. Parabéns para o alumnado e para o profesorado. Apertas

    ResponderEliminar