10 dic. 2012

Carlos Negro presenta...Makinaria

Rescatamos hoxe esta gravación que, por unhas cousas ou por outras, se perdera nalgún recuncho do meu ordenador. Trátase da reunión que, alá polo mes de abril, tivo o escritor Carlos Negro  co alumnado de 2º ESO e na que lles falou de Makinaria, libro que fala da velocidade nas estradas, da morte dos mozos e mozas pola súa inconsciencia.


E, xa de paso, rescatamos a entrevista que nese mesmo día lle fixeran os profesionais de Telediver, a televisión do Chano Piñeiro.




3 comentarios:

  1. Cantos bos recordos e canta saudade! Esta tele diver será a mellor por sempre! E cal era a palabra que eu me inventara tan difícil???

    ResponderEliminar
  2. Neurálxico tal vez? Agora estamos a ter problemas cerebrais e "celebrais"...

    ResponderEliminar