EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.
Visita a Lugo para coñecer unha das cidades máis importantes de Galicia e que conta cun importante patrimonio, destacando a súa muralla, declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Alumnado de 4º da ESO asiste a un xuízo en Pontevedra no marco do programa Educar en Xustiza.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.
Actividades de deporte escolar en Caritel, Pontecaldelas, xunto cos centros da nosa comarca.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.
Un curso máis procedemos á inauguración oficial do noso club de lectura cunha chocolatada. A familia lectora vai medrando e este ano xa somos 45 membrxs. Feliz curso lector a todos e a todas.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.
Entrega dos premios aos gañadores da segunda edición do Concurso de relatos de terror co gallo da celebración do Samaín.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.
Proxección no noso centro da película As Neves, dirixida por Sonia Méndez e rodada en galego, para concienciar ao noso alumnado dos perigos dun uso inapropiado das redes sociais.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.
Dentro dos actos para conmemorar o 25 N, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado do centro asistiu á proxección da película O Corno, dirixida por Jaione Camborda e rodada en galego.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.
O alumnado do centro, coordinado pola profesora de Plástica, elaborou diferentes murais e traballos de papiroflexia para conmemorar o 25 N, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.
Adiantámonos un par de días para conmemorar o 25 N, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Para tal fin, o grupo de teatro de 4º da ESO levou a cabo para o resto do alumnado do centro unha representación de microteatro, con pequenas pezas sobre a violencia machista.
EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.
Visita a SOGAMA do alumnado de 1º e 4º da ESO do noso instituto, para coñecer o funcionamento do tratamento do lixo e tomar conciencia sobre a necesidade da reducción, reciclaxe e reutilización.