25 jun 2025

Exposición sobre Barriga Verde (3º trimestre)

 

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Durante o terceiro trimestre, os corredores do noso instituto acolleron unha exposición que busca recuperar a figura de Barriga Verde.

A exposición mergúllanos no fantástico mundo no que naceu Barriga Verde, o último monicreque popular galego. Convídanos a percorrer o mundo no que se desenvolveu este espectáculo, o das feiras tradicionais, acontecemento festivo por excelencia en Galicia até a década de 1960. Así mesmo, condúcenos polas bambalinas da barraca para coñecer os segredos dos artistas que fixeron posíbel a maxia destes títeres até a súa desaparición, case ao mesmo tempo que aquelas feiras que aínda lembran as persoas maiores, de cando o cinema e a televisión aínda non eran as principais fábricas de soños.
 
Producida pola Asociación Cultural Morreu o Demo, embarcada no proceso de preservación e activación do teatro de títeres popular galego, a exposición inclúe pezas orixinais de José Silvent, un dos creadores de Barriga Verde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.