24 ene 2017

Teatro, Pelos na lingua, e visita ao Parlamento

O martes, 17 de xaneiro, as alumnas e alumnos de 3º, 4º e 1º de Bacharelato fomos a Santiago para ver unha obra de teatro e coñecer o Parlamento. Primeiro, estivemos no Salón Teatro vendo a representación de Pelos na lingua, da compañía Thalía Teatro. Pareceunos realmente divertida. Despois, fomos ao Parlamento. Alí explicáronnos as súas funcións (lexislativa, de control do Goberno e nomeamento de cargos) e o funcionamento dos diferentes grupos políticos.

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS

21 dic 2016

Visita ás neveiras de Fixó

 VISITA ÁS NEVEIRAS DE FIXÓ (Proxecto Coñecemos o noso patrimonio)

Ao longo do primeiro trimestre, as alumnas e alumnos de Bacharelato e o de 4º de ESO, en diferentes quendas, visitamos as neveiras de Fixó, na parroquia da Millarada. Alí, os técnicos que participan na escavación e restauración explicáronnos o que estaban descubrindo e como facían o seu traballo. Sorprendeunos saber que desde o século XVII se obtiña xeo, que se gardaba neses neveiros e que, despois no verán, se comerciaba con el.

20 dic 2016

Lemos no Nadal

Lemos no Nadal, ou en calquera época do ano. Velaquí unha pequena proposta para  todos: para os máis novos, nais e pais e tamén para os avós e avoas.
Feliz nadal!

14 dic 2016

Revista O Papagaio

Cada mes, e durante todo o curso, recibimos dez exemplares da revista O Papagaio. Dous números desta publicación chegarán ás familias cada semana nas "Mochilas viaxeiras". Inclúe temas de actualidade, ecoloxía, tecnoloxía, historia, arte, banda deseñada e cultura en xeral. Está publicada por Edicións moito conto.

8 nov 2016

Recursos TIC

Aínda que esta información sobre recursos TIC xa estivo neste blog hai un tempo, volvemos a facer referencia a ela, agora actualizada. É unha presentación de Marcus Fernández (Código Cero) empregada o 15 de abril de 2016 nos XVIII Encontros para a Normalización Lingüística do Consello da Cultura Galega.

 

26 jun 2016

Amolegad@s: proxecto interxeracional

Durante o terceiro trimestre, o alumnado exento de francés de 2ESO e mais a residencia de maiores Virxe das Dores de Forcarei realizou un proxecto interxeracional do cal vos amosaos parte dos seus froitos:

31 may 2016

Correlingua

E un ano máis, desta adiado por mor da choiva, asistimos ao Correlingua que se celebrou na Estrada con alumnado de toda a ESO. Foi unha xornada festiva na que o pasamos moi ben e defendemos a nosa lingua.

30 may 2016

Experimentando: booktubers

Alumnado de 1ESO e de 4ESO realizaron ao longo do curso varios ensaios para ser auténticos booktubers. Probaron diversas posibilidades como os book challenges ou os book tags. Velaquí vos deixamos unha mostra dos últimos:

23 may 2016

Un día de cine: no Festival de Cans

O pasado 20 de maio pasamos unha xornada en Cans: alí coñecemos a vila, os seus lugares emblemáticos e, por suposto, as proxeccións de cine nos jalpóns. Velaquí un vídeo resumo:

13 may 2016

Dia das Letras: coa cativada e cos maiores

Outro dos actos das Letras Galegas foi a celebración no centro dun recital moi especial: por unha banda, os maiores da residencia Virxe das Dores de Forcarei cos que estivemos realizando un proxecto interxeracional no terceiro trimestre recitáronnos varios poemas de Manuel María; pola outra, a cativada do colexio cantounos varios deles. Unha mañá estupenda.