EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.
Durante o terceiro trimestre, os corredores do noso instituto acolleron unha exposición que busca recuperar a figura de Barriga Verde.
A exposición mergúllanos no fantástico mundo no que naceu
Barriga Verde, o último monicreque popular galego. Convídanos a
percorrer o mundo no que se desenvolveu este espectáculo, o das feiras
tradicionais, acontecemento festivo por excelencia en Galicia até a
década de 1960. Así mesmo, condúcenos polas bambalinas da barraca para
coñecer os segredos dos artistas que fixeron posíbel a maxia destes
títeres até a súa desaparición, case ao mesmo tempo que aquelas feiras
que aínda lembran as persoas maiores, de cando o cinema e a televisión
aínda non eran as principais fábricas de soños.
Producida pola Asociación Cultural Morreu o Demo,
embarcada no proceso de preservación e activación do teatro de títeres
popular galego, a exposición inclúe pezas orixinais de José Silvent, un
dos creadores de Barriga Verde.