EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.
Un ano máis, o noso alumnado realizou unha saída para coñecer o estado do río Lérez ao seu paso polo concello de Forcarei. Desta volta, foron os rapaces e rapazas de 2º da ESO e 4º PDC os que realizaron a inspección do río, acompañados de dúas profesoras de matemáticas do centro e unha bióloga e educadora da asociación ecoloxista ADEGA.
O que fixemos foi un estudo do estado de saúde deste treito do río Lérez mediante a análise de diversos parámetros e indicadores: estudo da biodiversidade (fauna e flora), análise da calidade fisicoquímica da auga (temperatura, pH, nitratos, osíxeno disolto na auga) e, como actividade principal, realizamos unha clasificación dos macroinvertebrados (larvas de cabaliño do demo, de libeliñas, de mosquito, ...) que viven no leito do río e son bioindicadores, xa que algunhas destas especies soamente viven en augas limpas e ecosistemas ben conservados.
A conclusión que obtivemos de dito estudo é que o estado de saúde deste treito do río Lérez é moi bo, e de todos/as nós depende que siga sendo así!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.