27 nov 2024

Visita a Lugo (luns 25 de novembro de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Visita a Lugo para coñecer unha das cidades máis importantes de Galicia e que conta cun importante patrimonio, destacando a súa muralla, declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000. 



Asistencia a un xuízo en Pontevedra (martes 12 de novembro de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Alumnado de 4º da ESO asiste a un xuízo en Pontevedra no marco do programa Educar en Xustiza.



Deporte en galego (mércores 23 de outubro de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Actividades de deporte escolar en Caritel, Pontecaldelas, xunto cos centros da nosa comarca.



Chocolatada para inaugurar o club de lectura (xoves 7 de novembro de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.

Un curso máis procedemos á inauguración oficial do noso club de lectura cunha chocolatada. A familia lectora vai medrando e este ano xa somos 45 membrxs. Feliz curso lector a todos e a todas.



Entrega premios concurso relatos de terror (martes 5 de novembro de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.

Entrega dos premios aos gañadores da segunda edición do Concurso de relatos de terror co gallo da celebración do Samaín.

Os primeiros premios foron para Oliva Brea e Xeila Viéitez por Marmellar Vólei Club e para Sofía Dobalo por A vaca vampira, nas modalidades A e B respectivamente. 

Os segundos premios recaeron en Nadia Vázquez con O asasino do espello e en Diego Márquez por Unha lenda sen título nin protagonista, modalidades A e B tamén.

Noraboa aos premiadxs e a seguir escribindo.



Proxección da película As Neves (luns 25 de novembro de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.

Proxección no noso centro da película As Neves, dirixida por Sonia Méndez e rodada en galego, para concienciar ao noso alumnado dos perigos dun uso inapropiado das redes sociais.



Proxección da película O Corno (luns 25 de novembro de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.

Dentro dos actos para conmemorar o 25 N, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado do centro asistiu á proxección da película O Corno, dirixida por Jaione Camborda e rodada en galego.



Cartelería para a conmemoración do 25 N (luns 25 de novembro de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.

O alumnado do centro, coordinado pola profesora de Plástica, elaborou diferentes murais e traballos de papiroflexia para conmemorar o 25 N, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.




Teatro contra a violencia machista (venres 22 de novembro de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.

Adiantámonos un par de días para conmemorar o 25 N, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Para tal fin, o  grupo de teatro de 4º da ESO levou a cabo para o resto do alumnado do centro unha representación de microteatro, con pequenas pezas sobre a violencia machista.




Visita a Sogama (mércores 20 de novembro de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.

Visita a SOGAMA do alumnado de 1º e 4º da ESO do noso instituto, para coñecer o funcionamento do tratamento do lixo e tomar conciencia sobre a necesidade da reducción, reciclaxe e reutilización.






Inspección do río Lérez (mércores 30 de outubro de 2024)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025.

Un ano máis, o noso alumnado realizou unha saída para coñecer o estado do río Lérez ao seu paso polo concello de Forcarei. Desta volta, foron os rapaces e rapazas de 2º da ESO e 4º PDC os que realizaron a inspección do río, acompañados de dúas profesoras de matemáticas do centro e unha bióloga e educadora da asociación ecoloxista ADEGA.

O que fixemos foi un estudo do estado de saúde deste treito do río Lérez mediante a análise de diversos parámetros e indicadores: estudo da biodiversidade (fauna e flora), análise da calidade fisicoquímica da auga (temperatura, pH, nitratos, osíxeno disolto na auga) e, como actividade principal, realizamos unha clasificación dos macroinvertebrados (larvas de cabaliño do demo, de libeliñas, de mosquito, ...) que viven no leito do río e son bioindicadores, xa que algunhas destas especies soamente viven en augas limpas e ecosistemas ben conservados.

A conclusión que obtivemos de dito estudo é que o estado de saúde deste treito do río Lérez é moi bo, e de todos/as nós depende que siga sendo así!